RECOMENDACIÓNS PARA O APALPADOR: OS NOSOS CÓMICS GALEGOS PREFERIDOS DO 2022
13/12/2022
Achégase o Nadal e, como cada ano, comezamos a recibir en Komic Librería peticións para dar no cravo á hora de agasallar banda deseñada. Compartimos convosco estas recomendacións por ser vos puidesen ser de utilidade e nesta primeira entrega contestamos ao Apalpador, o entrañable xigante carboeiro que nos solicita as novidades máis salientables do cómic editado na nosa lingua. Estas son as nosas escollas:
O NAVEGANTE: A NASA baixo a ollada do grumete Tristán Ron.
28/11/2022
A historia completa dun espazo tan transcendente para a nosa cidade como foi a Sala Nasa baixo a ollada dun neno que practicamente nace e medra nesta realidade é, a priori, unha materia prima de indudable valor para aventurarse na realización dunha novela gráfica con altas expectativas.
ROXÍN ROXAL. A DAGA DO CONDE, de Brais Fierro e Manel Cráneo (Demo): O nacemento dun heroe de lenda.
17/10/2022
A Ponte do Porco, que atravesa o
río Lambre e conecta os concellos de Miño e Paderne, debe o seu nome á historia
de Roxín Roxal, unha lenda medieval galega ben coñecida no norte da Coruña,
especialmente na comarca do Eume, que narra un tráxico episodio protagonizado
por un doncel ao servizo da casa dos Andrade, señores de Pontedeume. Este
relato, transmitido oralmente de xeración en xeración, foi recollido e
reformulado por literatos como Benito Vicetto, Uxío Novoneyra ou Leandro Carré
Alvarellos. Precisamente a través da
obra deste último chegou ata un noviño Manel Cráneo que ficou enfeitizado coas
andainas do intrépido escudeiro e que agora, anos despois, une forzas coas do
debutante Brais Fierro para tentar levalas á banda deseñada.
AINHOA (BELTZA II), de Fermín Muguruza (Demo Editorial): Memoria histórica dos convulsos 80.
04/10/2022
En el año 2014 llegaba a nuestras estanterías Black is Beltza, un álbum que llamaba la atención inicialmente por la aparición como guionista de Fermín Muguruza, el polifacético y carismático músico vasco miembro de bandas míticas como Kortatu o Negu Gorriak, que se introducía en el mundo de la historieta como autor de este relato junto a Harkaitz Cano y Jorge Alderete.
OS ESCACHAPREDRAS, de Marilar Aleixandre e Fran Bueno (Demo Editorial): recuperando un clásico da bd infantil e xuvenil galega.
20/09/2022
Con este álbum a editora coruñesa Demo inaugura unha nova colección, Demo Pequeno, adicada aos primeiros lectores e lectoras de banda deseñada. Cun magnífico logo deseñado polo prometedor artista coruñés Roque Pena esta nova liña editorial preséntase por todo o alto, recuperando un dos títulos máis recordados da revista Golfiño, unha revista que tivo dúas etapas de publicación nos primeiros anos deste século XXI e por onde pasaron moitos dos nomes propios da bd galega contemporánea. Entre as distintas series que aparecían nas súas páxinas atopamos aos Escachapedras, un trío de cativos xunto ao seu gato Rabelo e as súas pequenas e divertidas aventuras a cargo da escritora Marilar Aleixandre e o debuxante Fran Bueno.
2/146