Cómics recomendados por Komic Librería para o Apalpador
18/12/2017
Pois, como vén sendo tradicional nestas datas, o Apalpador púxose en contacto con Komic Librería para pedir consello e recomendacións sobre as novidades máis salientables que este 2017 nos deixou respecto á banda deseñada galega e en galego. E como gustou moito da nosa selección, decidimos compartila convosco por se vos fose de utilidade, a ver que vos parece…
Supervivientes-Anomalías cuánticas, de Léo: como atrapar aos lectores unha vez máis
05/12/2017
A estas alturas xa non é ningunha sorpresa, pero aló polo ano 2008, cando aparecía en castelán o primeiro volume integral de Aldebarán pouco podíamos sospeitar que aquel título, obra dun autor brasileiro residente en Francia e descoñecido para nós, íase converter, co paso do tempo, na bd máis vendida nas tres décadas de vida de Komic Librería.
Luís Davila, de novo en Komic Librería
27/11/2017
O vindeiro xoves 30 de novembro, aproveitando a recente saída do sétimo volume de O Bichero, teremos a honra e o pracer de contar en Komic Librería cun auténtico fenómeno: Luis Davila.
O Bichero, de Luís Davila: o humor noso de cada día
24/11/2017
Se nunca navegastes nunha embarcación pequena (e cando dicimos embarcación referímonos ás gamelas, ás chalanas, ás dornas ou mesmo aos chinchorros, non estamos a falar de iates ou transatlánticos) é difícil que saibades o útil que é un bicheiro, que non é outra cousa que un pau longo cun gancho metálico nun dos seus extremos. Pode valer para arrimar o bote ao peirao, coller algo que caia ao mar ou apañar un cabo. É dicir, unha especie de navalla suíza para a xente do mar. Por iso non é de estrañar que Davila decidira titular con este nome unha das series de tiras de humor gráfico que dende hai anos debuxa sorrisos en milleiros e milleiros de lectores e lectoras.
Presentación de «La deuda» en Komic Librería
08/11/2017
O venres 10 de novembro, a partir das 18:00 horas, Martín Romero visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu último cómic: La deuda. Esta obra, editada por La Cúpula, é o terceiro traballo longo do autor tras Las fabulosas crónicas del ratón taciturno e a antoloxía de relatos curtos Episodios Lunares.
3/121