Dispoñible en Komic Librería a edición limitada de «The Nightmare Before Christmas Coffin Dolls: Santa Jack & Sally»

13/06/2017

The Nightmare Before Christmas Coffin Dolls: Santa Jack & Sally


O clásico de Tim Burton «Pesadilla antes de Navidad» está de volta! Diamond Select Toys recupera o espírito das figuras coleccionables clásicas para traernos un pack único: as figuras articuladas de Jack Skellington (41 cm) e o seu verdadeiro amor, Sally (36 cm), vestidas con traxes de Santa Claus fabricados en tea real, e presentadas nunha caixa con forma de cadaleito dobre. Non quededes sen esta xoia: é unha edición limitada a só 1993 unidades!

 

Dispoñible en Komic Librería unha impresionante estatua de 30 cm de Monkey D. Luffy, de One Piece

08/07/2015

High Dream: Estatua 30 cm Monkey D Luffy de One Piece


High Dream tráenos unha estatua de 30 cm do Pirata Monkey D. Luffy, capitán da tripulación dos «Piratas do Sombreiro de Palla» e protagonista do anime e manga One Piece. Fabricada en PVC con alto grao de detalle, trátase dunha edición limitada que se presenta en caixa con ventá.

 

Dispoñibles en Komic Librería as figuras Vinyl Pop de Hora de Aventuras

01/07/2015

Funko Vinyl Pop: Hora de Aventuras


Xa chegaron a Komic Librería as figuras Vinyl Pop de Hora de Aventuras, que representan aos seus principais protagonistas, Finn, Jake e BMO, co estilo inconfundible desta divertida e orixinal serie de Funko.

 

Máis Star Wars en Komic Librería: Rebels Lightsabers e Hero Series X-Wing Fighter

19/06/2015

Hasbro Star Wars Rebels Lightsabers + X-Wing Fighter


Recibimos en Komic Librería, da man de Hasbro, varias novidades de merchandising que farán as delicias dos incondicionais do universo Star Wars: tres sabres de luz e unha réplica de gran tamaño dun vehículo X-Wing Fighter.

 

ReAction de Funko: Monstros da Universal, Pulp Fiction e Pesadilla antes de Navidad

12/06/2015

Funko ReAction


Funko revolucionou o coleccionismo de figuras de acción coa súa serie ReAction, figuras articuladas de 10 centímetros de altura con marcado estilo retro, presentadas en blíster e centradas en populares franquías cinematográficas. En Komic Librería xa vos agardan as series dedicadas aos Monstros da Universal (Drácula, O Monstro de Frankenstein e A Noiva de Frankenstein), Pulp Fiction (Vincent Vega, Jules Winnfield e Mia Wallace) e Pesadilla antes de Navidad (Sally, Mayor e Behemoth). Non quededes sen elas!

 

1/12