O Bichero, de Luís Davila: o humor noso de cada día
09/12/2019
Como nestes últimos anos, Luís Davila vén de editar o noveno tomo compilatorio do mítico O Bichero, a escolma das súas populares tiras humorísticas sobre a actualidade política e social vista dende a idiosincrasia galega. E, tamén como é xa costume, recibiremos a súa visita en Komic Librería para presentar e asinar exemplares este vindeiro venres, 13 de decembro, a partir das 17:30 horas. Agardámosvos!
Miles en París, de Salva Rubio e Sagar: unha breve pero fermosa historia de amor que mudou a música moderna
04/12/2019
Que bonito é cando, ao rematar a lectura dunha obra, o primeiro que che vén á cabeza (e ao corazón) é unha inmensa sensación de agradecemento. Isto é exactamente o que nos aconteceu con Miles en París, un magnífico álbum onde conflúen o talento dos seus autores, o agarimo excepcional co cal contan esta historia e, por se fose pouco, o enorme interese do seu argumento.
Mariano Casas presenta «IES WE CAN» en Komic Librería
27/11/2019
O venres 29 de novembro, a partir das 18:00 horas, Mariano Casas visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares de IES WE CAN, o seu último cómic.
IES WE CAN, de Mariano Casas: unha visión traxicómica do ensino público secundario
25/11/2019
Temos falado aquí de varias das obras de Mariano Casas —que, entre bandas deseñadas e libros ilustrados superan ampliamente a ducia—, e comentado a súa hiperactividade polifacética ou o seu estilo narrativo sempre inquietante. Hoxe debemos sinalar, ademais, o seu afouto posicionamento ideolóxico ante un tema tan sensible e importante como é o ensino público. Facéndoo amais dende dentro, xa que Mariano é profesor de debuxo nun IES. E, cun punto de vista tan crítico, a franqueza coa cal expón a súa reflexión fará que algúns o cualifiquen, máis que de valente, de temerario.
David Rubín presenta «O salón de té do oso malaio» en Komic Librería
13/11/2019
O venres 15 de novembro, a partir das 18:00 horas, David Rubín visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares de O salón de té do oso malaio, coeditado por Demo Editorial e Komic Librería, un título fundamental na carreira deste autor e o único dispoñible na nosa lingua a día de hoxe.
1/133
- Anterior
- Seguinte