Dispoñible en Komic Librería unha impresionante estatua de 30 cm de Monkey D. Luffy, de One Piece

High Dream: Estatua 30 cm Monkey D Luffy de One Piece


High Dream tráenos unha estatua de 30 cm do Pirata Monkey D. Luffy, capitán da tripulación dos «Piratas do Sombreiro de Palla» e protagonista do anime e manga One Piece. Fabricada en PVC con alto grao de detalle, trátase dunha edición limitada que se presenta en caixa con ventá.

Ademais, a estatua vén acompañada de varios accesorios: base con placa identificativa do personaxe, cabeza e brazo adicionais, e unha cunca máis un anaco de carne que pode suxeitar coa man.

High Dream: Estatua de 30 cm de Monkey D Luffy, de One Piece

High Dream: Estatua de 30 cm de Monkey D Luffy, de One Piece