Cómics recomendados por Komic Librería de autores galegos e/ou en galego

10/05/2021

Cómics recomendados por Komic Librería de autores galegos e/ou en galego


O cómic galego vive unha auténtica Idade de Ouro. Nunca antes gozara de tan boa saúde e, para constatalo, abonda con repasar a cada vez máis ampla nómina de autores de prestixio, a calidade e recoñecemento que alcanzan moitos dos seus traballos e, tamén, o crecente número de grandes obras traducidas ao noso idioma. Se che apetece familiarizarte con este fenómeno, é moi posible que no listado que che ofrecemos atopes o teu próximo libro.

 

Seleccións de cómics recomendados por Komic Librería

28/01/2021

Cómics recomendados por Komic Librería


Desde que lanzamos a nosa web en 2012, publicamos regularmente rankings que recompilan os mellores cómics de cada ano, seleccións de obras relacionadas con distintos temas ou datas especiais, e listaxes que repasan as novidades editoriais que consideramos máis interesantes. Para facilitarvos a localización e consulta destes artigos, reunimos nesta páxina as ligazóns a todos eles, organizadas por categorías e ano de publicación.

 

Cómics recomendados por Komic Librería para lectores adultos, Parte 1

28/05/2018

Cómics recomendados por Komic Librería para lectores adultos, Parte 1


O Cómic, como toda arte, conta coas súas indiscutibles obras de referencia. Dende Komic Librería invitámoste a descubrir unha selección daquelas que recomendariamos a calquera lector de máis de 18 anos. Se che apetece ler e estás a buscar un bo libro, bótalle unha ollada ao noso listado organizado por xéneros: seguro que das con algunha lectura á que engancharte. Aquí atoparás cómics dos seguintes xéneros: aventuras, ciencia-ficción, fantasía/superheroes, negro/thriller, realismo, realismo máxico, realismo social e western. Se buscas outros xéneros, por favor consulta a segunda parte deste listado.

 

Cómics recomendados por Komic Librería para lectores adultos, Parte 2

28/05/2018

Cómics recomendados por Komic Librería para lectores adultos, Parte 2


Segunda parte do listado de lecturas recomendadas por Komic Librería para lectores de máis de 18 anos. Aquí atoparás cómics dos seguintes xéneros: biografías, erotismo, historia, humor, manga/mankwa, música, obras teóricas, underground, ciencias/filosofía e obras literarias adaptadas. Se buscas outros xéneros, por favor consulta a primeira parte deste listado.

 

Cómics recomendados por Komic Librería para lectores novos

04/01/2017

Cómics recomendados por Komic Librería para lectores jóvenes


Hai tempo que os cómics deixaron de ser un mero instrumento de entretemento para, ademais, funcionar como unha poderosa ferramenta cultural e educativa que, ano tras ano, conta con maior peso específico nas aulas e bibliotecas de colexios e institutos. Se buscas libros axeitados para rapaces de ata 16 anos, Komic Librería ofréceche unha ampla lista de recomendacións para orientarte.