Pásate por Komic Librería (ou contacta connosco)
06/08/2024
Podedes facernos chegar as vosas peticións, comentarios ou suxestións a través do email, do formulario de contacto de komic.es ou da nosa páxina en Facebook. Se queredes visitarnos na libraría, a continuación informámosvos dos nosos horarios e datos de localización:
Komic Librería, na Feria do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico 2023
29/07/2024
Durante o mes de agosto, como cada ano, pecharemos as portas de Komic Librería para realizar a nosa tradicional migración cara terras coruñesas. Alí nos poderedes atopar en dúas citas komiqueiras estivais de referencia: a Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico. Lembrade que nos dous eventos poderedes beneficiarvos dun 10% de desconto na compra dos vosos cómics.
MICROALGAS, de Xulia Pisón: acción e aventuras xuvenís cunha vocación divulgativa.
21/05/2024
Dentro do elevadísimo e variado número de microalgas e cianobacterias que habitan a Terra non son poucas as especies que posúen características extraordinarias, tan sorprendentes que, de seguro, terán un papel fundamental no futuro do planeta e no da humanidade. Malia as súas capacidades para nos axudar en problemas globais tales como a desnutrición, a contaminación ou o cambio climático estes microorganismos seguen a ser bastante descoñecidos a día de hoxe.
ASALTO AL TREN DE GLASGOW, de Abel Alves e Miguel Carmona (Serendipia): entre pillabáns anda o xogo.
20/03/2024
Aló por 1963 quince homes asaltaron un tren postal nocturno que cubría o traxecto entre Glasgow e Londres e transportaba unha importante cantidade de cartos en efectivo, facéndose cun botín superior aos dous millóns e medio de libras esterlinas, unha cifra estratosférica para a época. O rechamante da contía roubada e a meticulosidade da planificación da operación fixeron que o suceso tivera unha grandísima repercusión mediática, tanto dentro como fóra do Reino Unido, ata o punto de ser chamado pola prensa do momento “o roubo do século”e acadar unha certa celebridade posterior algúns dos compoñentes da banda.
ESTO LO HACE MI HIJO DE SEIS AÑOS, de Marco Biturbo (autoeditado): unha teoría da arte con moita retranca.
19/02/2024
No século primeiro antes de Cristo o arquitecto e enxeñeiro romano Marco Vitruvio escribiu De architectura, un monumental tratado en dez volumes que tivo unha gran relevancia na súa época e unha extraordinaria importancia séculos despois, tanto na Idade Media como no Renacemento. Como exemplo disto último podemos poñer o famoso e archicoñecido debuxo de Leonardo da Vinci sobre as proporcións humanas titulado O home de Vitruvio e baseado nas indicacións do autor romano.
2/150