Recomendacións para os Reis Magos: Top 13 de comics españois editados en 2015

Miguel EN Cervantes. El retablo de las maravillas


Ai, como son estes Reis Magos, que como chegan de últimos no Nadal están ben atentos as accións do Apalpador e de Papá Noel e queren unha atención semellante ou mellor... A cousa é que, tras a experiencia doutros anos, e despois de ver a axuda que lles prestamos aos seus colegas (ou rivais, nunca se sabe) solicítannos dúas seleccións, de trece títulos cada unha, sobre as obras nacionais e internacionais máis salientables do 2015. Comezaremos coas historias realizadas por autores e autoras de aquí para ir abrindo boca, e nos vindeiros días falaremos dos títulos estranxeiros máis rechamantes. Aquí tedes, xa que logo, o TOP 13 de cómics españois do 2015: agardamos que estas recomendacións sexan útíles para vós.


13

Croqueta y Empanadilla #2

Croqueta y Empanadilla #2
Ana Oncina
Ediciones La Cúpula

A segunda entrega das aventuras desta particular parella, na que asistimos a máis escenas cotiás da vida en común dos ultraconxelados máis curriños.



12

Corto Maltés: Bajo el sol de medianoche

Corto Maltés. Bajo el sol de medianoche
Juan Díaz Canales / Rubén Pellejero
Norma Editorial

Dous recoñecidos autores españois aceptan o reto de crear unha nova historia dun mito, Corto Maltés. E o resultado final, cun relato ambientado en Alaska, cremos que non desagradaría a Hugo Pratt, o pai da criatura.


11

La caída de la casa West

La caída de la casa West
Paul Pope / JT Petty / David Rubín
DeBolsillo

A segunda parte e final da precuela de Battling Boy centrada na figura de Aurora West, onde descubriremos o pasado da súa familia. Todo co espectacular debuxo do noso heroe preferido, David Rubín, que fai dobrete nesta listaxe.


10

Atrapado en Belchite (Un médico novato #2)

Atrapado en Belchite (Un médico novato #2)
Sento Llobel
Autoeditado

Sento, todo un histórico da historieta española, afronta o segundo tomo na adaptación das memorias de Pablo Uriel, un médico na Guerra Civil española. Unha das obras fundamentais do ano.


09

Miguel EN Cervantes. El retablo de las maravillas

Miguel EN Cervantes. El retablo de las maravillas
Miguelanxo Prado / David Rubín
Astiberri

Un traballo a catro mans arredor do famoso escritor. Por unha banda temos a Miguelanxo Prado presentando unha biografía de Cervantes e, pola outra, unha adaptación comiqueira dun dos seus sainetes satíricos pasado ás viñetas por David Rubín.


08

El fantasma de Gaudí

El fantasma de Gaudí
El Torres / Jesús Alonso Iglesias
Dibbuks

Un intenso thriller ambientado en Barcelona, unha cidade aterrada pola aparición de varios cadáveres nas obras emblemáticas construídas por Gaudí. Magnífico debuxo e bo traballo de guión.


07

No me pegues que llevo gafas

No me pegues que llevo gafas
Jorge Monlongo
Caramba

Para nós o título humorístico do ano, unha parodia desenfadada e divertidísima sobre a modernidade actual que vos fará saltar as bágoas da risa. Por suposto, tamén está comentada na nosa páxina.


06

La casa, historia de una conquista

La casa, historia de una conquista
Daniel Torres
Norma Editorial

Todo un desafío formal o que afrontou o veterano historietista durante os últimos anos, contar a historia da vivenda humana, dende a antigüidade ata os nosos días. Xa vos falamos desta obra neste artigo.


05

Lo que (me) está pasando

Lo que (me) está pasando
Miguel Brieva
Random House Mondadori

Ao igual que co título anterior estabamos ansiosos por ler a primeira novela gráfica de Brieva, un autor que xa nos conquistara coas súas ilustracións e textos. E, tamén como Nadar, opta por un relato centrado na crise e o momento actual, cunha historia surrealista e altamente aceda.


04

El mundo a tus pies

El mundo a tus pies
Nadar
Astiberri

Tras o estupendo Papel estrujado agardabamos expectantes a súa seguinte obra, e non nos decepcionou con estes tres relatos centrados na precariedade laboral da mocidade española. Unha labazada realista e crítica co sistema da que vos falamos hai uns meses.


03

Las aventuras de Joselito,  el pequeño ruiseñor

Las aventuras de Joselito, el pequeño ruiseñor
José Pablo García
Reino de Cordelia

Sen dúbida unha das sorpresas do ano, pola súa temática, a biografía do famoso «neno cantor», pero sobre todo pola multitude de estilos que o autor emprega para contarnos esta historia. Atoparedes máis información sobre ela aquí.


02

La casa

La casa
Paco Roca
Astiberri

A obra máis persoal e autobiográfica do valenciano, unha marabilla emotiva e chea de sensibilidade. Aquí e aquí podedes ler o que comentamos sobre ela na nosa páxina.


01

La balada del Norte. Tomo 1
Alfonso Zapico
Astiberri

La balada del Norte. Tomo 1

O autor de Dublinés dá un paso adiante e confirma a súa gran capacidade como narrador neste magnífico relato ambientado na Revolución de Asturias, no ano 1934, un claro antecedente da Guerra Civil e un exemplo da loita obreira.