Miña casiña, meu lar: benditas coincidencias

Komic Librería: La casa - La casa. Crónica de una conquista


Quere o azar que nun pequeno espazo de tempo, con só unhas semanas de separación, cheguen aos andeis de Komic Librería dúas obras agardadísimas que ademais, de novo o azar, coinciden no seu título: La casa. Trátase dos novos títulos creados por dous artistas valencianos esenciais na bd española: Paco Roca e Daniel Torres

Paco Roca, premio nacional de cómic en 2008, leva xa varios anos consolidado como un dos grandes narradores do tebeo contemporáneo, atopando un estilo propio e cálido que empregou para tocar temas tan diferentes como o alzhéimer (Arrugas),a Guerra Civil e as súas consecuencias (Los surcos del azar, El ángel de la retirada) ou reproducir a vida dos debuxantes de historietas nos anos cincuenta (El invierno del dibujante).

En canto a Daniel Torres, estamos diante dun dos expoñentes do boom de autores valencianos nos anos oitenta, responsable a través do seu característico trazo de liña clara das aventuras de personaxes inesquencibles como Roco Vargas ou o dinosauro Tom.

E, aínda que comparten procedencia dos seus autores, datas de publicación e título, estas Casas resultan ser completamente distintas pero igualmente marabillosas: dúas recomendacións imposibles de non recomendar.


«La casa», de Paco Roca:
dispoñible en Komic Librería o 4 de decembro

Komic Librería: La casa

A historia que plantexa Paco Roca en La casa (Astiberri) é un relato evocador e intimista onde asistimos ao paso do tempo a través dos recordos que atesoura unha casa, neste caso os da casa familiar dos tres irmáns protagonistas, á que voltan un ano despois da morte do seu pai.

O fogar é, xa que logo, o escenario fundamental, pero tamén conta cun protagonismo capital, como se a alma do proxenitor permanecera gardada entre esas catro paredes.

Komic Librería: La casa

Komic Librería: La casa

Komic Librería: La casa

Komic Librería: La casa

La casa
Paco Roca

Astiberri
Tomos: 1





«La casa. Crónica de una conquista», de Daniel Torres:
dispoñible en Komic Librería o 6 de novembro

Komic Librería: La casa. Crónica de una conquista

En La casa. Crónica de una conquista (Norma Editorial) de Daniel Torres imos atopar un monumental repaso á historia da vivenda humana, dende o amencer da especie humana ata os nosos días, facendo fincapé nos principais fitos da súa evolución.

Iniciado en 2008, e pensado inicialmente como serie de 12 volumes, este proxecto convídanos, cunha fonda documentación e un estilo gráfico inconfundible pero que vai mudando en resposta das necesidades de cada capítulo, a unha fabulosa viaxe polas distintas etapas históricas do fogar a través das súas case seiscentas páxinas.

Komic Librería: La casa. Crónica de una conquista

Komic Librería: La casa. Crónica de una conquista

Komic Librería: La casa. Crónica de una conquista

La casa. Crónica de una conquista
Daniel Torres

Norma Editorial
Tomos: 1