OS SUICIDANTES, de Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero (Xerais): unha distopía compostelá.
01/12/2023

Entre as numerosas novidades da bd galega que están a saír nestes últimos meses recibimos con especial ledicia a chegada d’Os Suicidantes, unha rechamante obra froito da confluencia de dúas voces ben inquedas e persoais como son a do xornalista, guionista e escritor Diego Ameixeiras e a do animador, ilustrador e historietista Tomás Guerrero. Para Diego esta novela gráfica representa o seu debut na banda deseñada, mentras que Tomás conta xa con varios títulos publicados en galego e máis en portugués entre os que sobresae O neto do homem mais sábio, a biografía gráfica de José Saramago.
O PASO DO NOROESTE, de Xabier Queipo e Primitivo Marcos (Galaxia): aventuras en mares descoñecidos.
27/10/2023

Presentámosvos hoxe unha das novidades máis salientables da bd galega neste 2023, a adaptación gráfica de O paso do Noroeste, a coñecida novela de Xavier Queipo que acadou o premio García Barros aló polo 1996. O mesmo autor afronta a difícil tarefa de converter o seu texto orixinal nun guión de cómic e lévalo ás viñetas coa inestimable e talentosa colaboración de Primitivo Marcos no debuxo.
BAJO LOS GUIJARROS, LA PLAYA, de Pascal Rabaté (Planeta): a descoberta da liberdade e do amor.
21/09/2023

Chega setembro e con el a fin desa paréntese das rutinas cotiás que son as vacacións. As acomodadas familias que veranean nunha pequena vila costeira bretona abandonan paseniñamente o seu retiro estival deixando baleiras as súas fermosas casas ao pé da praia. Tan só Albert, Edouard e Francis, tres mozos de dezaoito anos a piques de comezar os estudos universitarios, fican uns días máis, sen a vixilancia dos seus pais, mentras se preparan para camiñar cara os prestixiosos futuros que auguran as súas tradicións familiares e posicións sociais.
LOCURA: ELOGIO DE LA DIFERENCIA, de José Valenzuela e Alfredo Borés (Norma)
20/07/2023

Falamos hoxe dunha das novelas gráficas máis salientables deste 2023 en España aínda que se cadra acáelle mellor o termo “ensaio gráfico”, xa que a obra trata de ser un estudo e unha ferramenta sobre un tema que require cada vez máis atención por parte da sociedade: a saúde mental, achegando unha visión actualizada e contextualizada.
ALGUNHAS NOVIDADES DIVULGATIVAS
13/06/2023

A combinación de imaxe e texto na
banda deseñada fai dela un vehículo perfecto para transmitir datos ou explicar
conceptos dun xeito claro, ameno e facilmente entendible. Esta evidencia faise cada vez máis notable e
raro é o mes no que non aparezan novos ensaios en viñetas. Aquí vos deixamos cinco exemplos moi diversos que vos recomendamos de obras
divulgativas recentemente aparecidas:
4/58

