Corona-bios e Cousas de mortos, de Manel Cráneo: dóus exemplos da obra dun autor fundamental

Corona-bios y Cousas de mortos, de Manel Cráneo: dos ejemplos de la obra de un autor fundamental

Este vindeiro venres 15 de outubro recibiremos a visita de Manel Cráneo para asinar exemplares do seu último traballo –Corona-bios- e tamén dunha obra xa publicada hai anos pero recentemente reeditada, Cousas de mortos.

O incansable e agradecido labor de Manel como editor á fronte de Demo, a principal editora da banda deseñada galega, e a súa extraordinaria capacidade como dinamizador de proxectos fan que ás veces esquezamos o seu relevante papel como autor, cunha traxectoria que abrangue case tres décadas xa e na que teñen cabida xéneros e temáticas ben variadas.

Corona-bios y Cousas de mortos, de Manel Cráneo: dos ejemplos de la obra de un autor fundamental

Boa mostra disto son os dous álbumes que asinará este venres en Komic: en Corona-bios atopamos unha escolma realizada durante o tempo de confinamento provocado pola pandemia, un claro exemplo da reacción do humor gráfico ante un acontecemento tan relevante coma este e onde, a través dunhas 150 viñetas independentes, o autor lévanos cara o riso, o sorriso e mesmo ata a reflexión.  Como é habitual no traballo de Cráneo unha fina retranca enchoupa as páxinas desta compilación e, ao estar feita neses primeiros e incertos meses de convivencia co virus, a obra enteira funciona como unha sorte de testemuño, de memoria do que, en maior ou menor medida, todas e todos vivimos neste último ano e medio.

Corona-bios y Cousas de mortos, de Manel Cráneo: dos ejemplos de la obra de un autor fundamental

Cun carácter máis atemporal regresa unha das obras principais na carreira de Manel: Cousas de mortos.  Outra escolma, si, pero neste caso de relatos gráficos curtos onde o autor dá renda solta a todo o seu talento, como narrador e como ilustrador, para plasmar pequenas historias cotiás protagonizadas por esqueletos e situadas nunha hipotética existencia alén da morte.

Corona-bios y Cousas de mortos, de Manel Cráneo: dos ejemplos de la obra de un autor fundamental

Amais de amosar as súas virtudes como autor, nos catorce relatos de Cousas de mortos Manel mergúllase en certos aspectos fundamentais da idiosincrasia galega, dende a importante presenza da morte na nosa cultura ata o emprego dunha certa economía de medios á hora de expresarse, algo ben enraizado na tradición oral, literaria e gráfica galega (imposible non lembrar ao mestre Castelao xa dende o propio título do álbum).  

Corona-bios y Cousas de mortos, de Manel Cráneo: dos ejemplos de la obra de un autor fundamental

Pero se cadra é mellor que vos deixemos co propio artista a falar sobre esta obra, cando nos visitou, hai case nove anos, para a presentar:


Xa que logo hoxe vos recomendamos estes dous títulos dun autor fundamental dentro do sistema comiqueiro galego, alguén con quen contaremos este venres 15 de outubro, a partires das 18:00 horas, para asinar exemplares destas dúas obras.  Agardámosvos!!!