A páxina web de Komic Librería, www.komic.es, cumpre o seu primeiro ano de andaina

26/07/2013

Komic Librería: Primeiro Aniversario de Komic.es


Existen poucas sensacións máis incribles que a de botar a vista atrás e comprobar a de cousas que poden chegar a suceder en 365 días. Hai un ano, por estas datas -o 27 de xullo de 2012, concretamente-, presentabámosvos a nosa páxina web www.komic.es, coa que aspirabamos a manter un contacto máis directo con todos vós, komiqueiros habituais, e tamén con todos os afeccionados ao cómic en xeral.

 

Accede ao máis destacado das novidades editoriais en www.komic.es

09/07/2013

Komic Librería: Novidades editoriais


Se queredes mantervos informados dos mellores cómics que saen ao mercado, pulsando na etiqueta NOVIDADES da nosa web poderedes acceder aos artigos nos que, cada mes, comentamos os lanzamentos editoriais máis destacados que chegan a Komic Librería.

 

Komic Librería, primeira libraría especializada en cómics que recibe o Premio Irmandade do Libro

23/04/2013

komic-libreria-premio-irmandade-do-libro-2013


Komic Librería foi galardoada co Premio Irmandade do Libro, un certame organizado pola Federación de Libreiros de Galicia que, na súa XXII edición, recaeu por primeira vez nunha libraría especializada en cómics.

 

Engade Komic Librería ás túas listas de intereses en Facebook

12/12/2012

Komic Librería: Listas de intereses de Facebook


Se es un komiqueiro habitual e queres estar ao tanto de todo o que se coce na tenda, podes engadir Komic Librería ás túas listas de intereses en Facebook. Facéndoo, aseguraraste de recibir as novidades que publicamos cada día: reseñas, lanzamentos editoriais, lecturas recomendadas, merchandising, eventos, promocións e, en definitiva, todo o que che interesa se che interesan os cómics.

 

Benvidos a www.komic.es

27/07/2012

www.komic.es


Komic Librería preséntavos a súa páxina www.komic.es, un sitio co que aspiramos a manter un contacto moito máis fluído coa nosa familia de sempre, é dicir, aqueles que xa coñecen e visitan regularmente a libraría dende hai anos, pero tamén con todos os afeccionados á arte do cómic en xeral, estean onde estean.

 

4/5