A páxina web de Komic Librería, www.komic.es, cumpre o seu primeiro ano de andaina
Existen poucas sensacións máis incribles que a de botar a vista atrás e comprobar a de cousas que poden chegar a suceder en 365 días. Hai un ano, por estas datas -o 27 de xullo de 2012, concretamente-, presentabámosvos a nosa páxina web www.komic.es, coa que aspirabamos a manter un contacto máis directo con todos vós, komiqueiros habituais, e tamén con todos os afeccionados ao cómic en xeral.
Un ano despois podemos afirmar que, grazas á vosa resposta, as nosas aspiracións se viron sobradamente cumpridas. Cada visita que recibimos na nosa páxina anímanos a poñer máis empeño nela, co obxectivo de seguir compartindo con vós lecturas interesantes e información actualizada e de interese.
Para celebrar esta efeméride, dende Komic Librería invitámosvos a recordar os principais eventos dos que www.komic.es foi testemuña dende a súa aparición, un bo puñado de presentacións con autores de referencia, actos e lanzamentos editoriais dos que nos sentimos moi orgullosos:
Komic Librería celebra
o seu veinticinco aniversario
Nesta entrevista publicada en ABC.es, Pío Barreiro repasaba a historia de Komic Librería, a primeira libraría especializada en cómics de Galicia.
David Rubín e José Domingo, mestres de cerimonias
no 25 Aniversario de Komic Librería
David Rubín e José Domingo presentaron a festa concerto que puxo o broche de ouro aos actos de celebración do 25 Aniversario de Komic Librería:
Podedes ver máis vídeos deste concerto en BandaAparteTV, a canle en YouTube de Banda Aparte.
04/05/2012
Castelao. O pobre tolo:
Primeira iniciativa editorial de Komic Librería
Komic Librería estreouse na edición de cómics con O pobre tolo, de Inacio Vilariño e Iván Suárez, primeiro volume da Colección Castelao.
09/08/2012
Lanzamento de Titoán,
a orixe dun gran proxecto dedicado a Castelao
Máis dun ano despois de impoñerse no Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, Titoán vía a luz da man de Demo Editorial e a Deputación da Coruña, co apoio incondicional de Komic Librería.
10/08/2012
Presentación de Titoán
en Viñetas desde o Atlántico 2012
Komic Librería estreou YouKomic, a súa canle en Youtube, con esta vídeo-presentación de Titoán no salón Viñetas desde o Atlántico 2012:
28/09/2012
Álvaro López e Luis Sendón presentan
Sálpock. O Val dos Cegos
Álvaro López e Luis Sendón repasaron a orixe e posterior desenvolvemento da idea do seu Sálpock. O Val dos Cegos:
16/11/2012
Inacio Vilariño, Iván Suárez e Manel Cráneo presentan
Titoán, segundo volume da Colección Castelao
Inacio Vilariño e Manel Cráneo faláronnos das fontes de inspiración da Colección Castelao, e tamén dalgunhas das liñas mestras do que sería o seu terceiro volume, Máis alá!:
11/12/2012
David Rubín presenta
El Héroe. Libro Dos
David Rubín revelounos un dos obxectivos que perseguía ao enfrontarse ás doce probas de Heracles: demostrar que non importa o número de veces que se conte unha historia, senón como se conta esa historia para volver darlle vida:
18/01/2013
Manel Cráneo presenta Cousas de mortos,
Os Lobos de Moeche e A Torre dos Mouros
Manel Cráneo reflexionou sobre algúns dos aspectos máis definitorios dos tres cómics presentados en Komic Librería:
08/02/2013
Miguelanxo Prado presenta
Ardalén
Miguelanxo Prado relatounos o proceso creativo que adoita conducilo dunha primeira idea seminal ao guión e, de aquí, á obra final:
01/03/2013
Mariano Casas presenta
El Club del Miedo
Mariano Casas sacou á luz as interioridades da súa obra e da súa forma de traballar, como por exemplo a orixe das ideas que inspiran as súas historias:
22/03/2013
Miguel Fernández presenta
Os días do cometa
Miguel Fernández falounos das claves narrativas e estilísticas de Os días do cometa:
20/04/2013
Komic Librería recibe o
Premio Irmandade do Libro
Komic Librería converteuse na primeira libraría especializada en cómics galardoada co Premio Irmandade do Libro. Durante o acto de entrega, Pío Barreiro transmitiu un especial agradecemento cara á súa clientela, porque "nos fai posible seguir traballando":
13/05/2013
Lanzamiento de Máis alá!,
terceira entrega da Colección Castelao
Komic Librería anunciou a publicación de Máis alá!, terceiro tomo da Colección Castelao, coa que se involucrou dende a propia xestación do proxecto.
15/05/2013
Inacio Vilariño e Iván Suárez presentan
Máis alá!
Inacio Vilariño e Iván Suárez analizaron as claves narrativas e estilísticas de Máis alá!, e avanzaron algunhas liñas mestras da que será a cuarta entrega da Colección Castelao, provisionalmente titulada Valentín:
27/06/2013
Jacobo Fernández Serrano presenta
Marcopola 2: Os piratas da lúa
Jacobo Fernández Serrano desvelou algunhas das aventuras e novos personaxes que agardan ao lector nas páxinas de Os piratas da lúa:
O autor tamén aproveitou para falarnos doutro dos seus grandes traballos, Lois Pereiro. Breve encuentro:
E ademais de todo isto, ao longo do último ano engrosaron www.komic.es unha longa serie de noticias, reseñas de cómics, resumos de novidades editoriais, artigos de merchandising e listaxes de lecturas recomendadas.
Esperamos que gozásedes deste paseo: moitas grazas a todos os que nos visitades e seguides, esteades onde esteades. Faremos todo o posible para seguir contando convosco.