Komic Librería celebra o seu vinte e cinco aniversario

29/04/2012

25 Aniversario de Komic Librería


Texto: Pachu M. Torres
Foto: Miguel Muñiz
abc.es

"Non era a miña vocación ser comerciante, máis ben tiña inquietudes artísticas (pictóricas, musicais...) pero era un mozo coa cabeza moi dispersa, sempre estaba a cambiar de cousas que facer. En setembro do 86 Ana Manteca e eu fixémonos noivos e veuse comigo a unha aventura forestal en Mallorca. Cando volvemos no 87, o meu pai viu este negocio (que por entón era un quiosco) sendo traspasado e nos induciu a traballar nel como só os pais saben facer".

 

Komic Librería celebra 25 anos como referente da banda deseñada en Galicia

16/04/2012

25 Aniversario de Komic Librería


Texto: Alberto Ramos
praza.com

"No momento en que abrín a tenda, non contaba con chegar a falar dun 25 aniversario". Cando os calendarios van fuxindo e os lustros acaban por sumar cifras redondas, a memoria bota a andar. E Xosé Barreiro, propietario da histórica Libraría Komic de Santiago, mergúllase este ano nos recordos. A memoria, como a cabeza, non para e Barreiro lembra nitidamente como o 4 de maio de 1987 se fixo cargo dun vello quiosco no número 34 da Rúa San Pedro de Mezonzo. "Antes fora unha froitería dos Fandiño, unha coñecida familia de Santiago. O aspecto que conservaba o local era o propio dos anos sesenta", rememora o propietario de Komic, que neste 2012 conmemora os seus 25 anos de vida.

 

Komic Librería: Un cuarto de século vendendo historietas

16/04/2012

25 Aniversario de Komic Librería


Texto: Alberto Leyenda
Foto: Anxo Iglesias
elpais.com

Cando Xosé Barreiro e a súa muller, Ana Manteca, decidiron en 1987 abrir no ensanche compostelán unha tenda especializada na venda de cómics, en Galicia non existía tal cousa. O boom da denominada novela gráfica apenas se estaba a esbozar en Estados Unidos e por estas latitudes aínda reinaba o formato revista, que se vendía sobre todo en quioscos. Barreiro viu dende o seu pequeno local a evolución experimentada polo xénero, tanto a nivel formal como empresarial, e a súa capacidade para adaptarse permitiulle manter vivo o negocio, mesmo en tempos de crise. Para celebralo preparou unha batería de eventos que ten como prato forte a edición dunha obra sobre Castelao.

 

5/5