Ana Oncina presenta «Croqueta y Empanadilla 3» en Komic Librería

Komic Librería: Croqueta y Empanadilla 3


O xoves 4 de maio, ás 18:30 horas, Ana Oncina visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu último cómic: Croqueta y Empanadilla 3, editado por La Cúpula.

O primeiro volume de Croqueta y Empanadilla, do que xa vos falamos nesta páxina e que tamén foi presentado en Komic Librería, converteuse nun éxito de vendas instantáneo grazas aos seus carismáticos protagonistas e á sensibilidade da súa autora, resultando galardoado no Salón Internacional do Cómic de Barcelona co Premio Popular á Mellor Obra publicada en 2014. Desde entón, Ana Oncina seguiu traballando con eles (Croqueta y Empanadilla 2, Una Navidad con Croqueta y Empanadilla) e tamén noutros moitos proxectos.

Komic Librería: Croqueta y Empanadilla 3

Esperámosvos!