Jacobo Fernández Serrano analiza en Komic Librería o seu cómic Lois Pereiro. Breve encontro

Lois Pereiro. Breve encontro: análise de Jacobo Fernández Serrano en Komic Librería


Aproveitando a súa visita a Komic Librería para presentar Os piratas da lúa (Xerais), segundo volume das aventuras de Marcopola, a illa remeira, Jacobo Fernández Serrano falounos doutro dos seus grandes traballos: Lois Pereiro. Breve encontro, un sorprendente achegamento ao universo do poeta galego Lois Pereiro.

Neste vídeo, Jacobo repasa as claves dun cómic no que as súas interpretacións e puntos de vista como autor e debuxante se entrelazan con apuntamentos biográficos e os propios poemas do protagonista, proporcionando no seu conxunto unha visión moi completa da vida e obra de Lois Pereiro.

Jacobo Fernández Serrano recoñece tamén que Lois Pereiro. Breve encontro é un libro que necesita atopar un determinado tipo de lector, pero que cando o atopa produce nel unha forte impresión, contida xa en boa medida na obra do poeta.

Máis vídeos na canle Youtube de Komic Librería.


Lois Pereiro. Breve encontroLois Pereiro. Breve encontro
Jacobo Fernández Serrano

Xerais
Tomos: 1





Lois Pereiro. Breve encuentroLois Pereiro. Breve encuentro
Jacobo Fernández Serrano

Sins Entido
Tomos: 1