A páxina web de Komic Librería, www.komic.es, cumpre o seu primeiro ano de andaina
26/07/2013
Existen poucas sensacións máis incribles que a de botar a vista atrás e comprobar a de cousas que poden chegar a suceder en 365 días. Hai un ano, por estas datas -o 27 de xullo de 2012, concretamente-, presentabámosvos a nosa páxina web www.komic.es, coa que aspirabamos a manter un contacto máis directo con todos vós, komiqueiros habituais, e tamén con todos os afeccionados ao cómic en xeral.
Jacobo Fernández Serrano analiza en Komic Librería o seu cómic Lois Pereiro. Breve encontro
11/07/2013
Aproveitando a súa visita a Komic Librería para presentar Os piratas da lúa (Xerais), segundo volume das aventuras de Marcopola, a illa remeira, Jacobo Fernández Serrano falounos doutro dos seus grandes traballos: Lois Pereiro. Breve encontro, un sorprendente achegamento ao universo do poeta galego Lois Pereiro.
Os piratas da lúa: vídeo-presentación de Jacobo Fernández Serrano en Komic Librería
02/07/2013
Jacobo Fernández Serrano visitou Komic Librería para presentar e asinar exemplares de Os piratas da lúa, segundo tomo das aventuras de Marcopola, a illa remeira, editado por Xerais.
Máis alá!: vídeo-presentación de Inacio e Iván Suárez en Komic Librería
21/05/2013
Inacio e Iván Suárez visitaron Komic Librería para presentar e asinar exemplares de Máis alá!, terceiro volume da Colección Castelao, coeditada por Demo Editorial e Komic Librería.
Komic Librería, primeira libraría especializada en cómics que recibe o Premio Irmandade do Libro
23/04/2013
Komic Librería foi galardoada co Premio Irmandade do Libro, un certame organizado pola Federación de Libreiros de Galicia que, na súa XXII edición, recaeu por primeira vez nunha libraría especializada en cómics.
3/5