OBRAS EN GALEGO 2024
30/12/2024
Neste 2024 a produción de bd galega non foi tan abondosa como en anos anteriores, mais isto viuse compensado pola calidade das obras publicadas e tamén por algo que non lle sobra ao noso sistema comiqueiro: a tradución de obras estranxeiras. Foron varios os títulos, tanto clásicos como modernos, todos eles moi recomendables, que saíron do prelo na nosa lingua durante este ano. Unha aposta esta, iniciada por Rinoceronte Editora e continuada por Retranca e Xerais, que aplaudimos e agradecemos.
Xa que logo, aquí vos deixamos as nosas escollas, todas elas dirixidas cara o público adulto, xa que publicaremos as recomendacións para os lectores e lectoras máis novas nos vindeiros días:
OS NOSOS TÍTULOS PREFERIDOS DE 2024
21/12/2024
Como adoitamos facer cada nadal botamos a vista atrás e seleccionamos as obras que máis nos gustaron entre as publicadas nestes doce meses, unha tarefa esta –a de escoller- que sempre resulta complicada pero que en anos como neste 2024 faise aínda máis difícil pola cantidade de álbumes que, dun xeito ou doutro, chamaron a nosa atención. Unha colleita ben diversa e variada da cal eliximos estes catorce títulos:
NIMUE, de Aldara Prado (Norma): a Dona do Lago coma nunca a miraras.
07/11/2024
En máis dunha ocasión temos comentado o moito que agradecemos e valoramos a valentía e a inquedanza das artistas á hora de crear e levar adiante os seus proxectos, así que estamos de noraboa, xa que esta afouteza e coraxe son notables na obra sobre a que vos imos falar hoxe, un álbum que supón o debut na banda deseñada da historietista, ilustradora e tatuadora coruñesa Aldara Prado e no cal esta creadora atrévese a revisitar a mitoloxía artúrica ofrecéndonos un relato fantástico moi ben artellado e fermosamente ilustrado. E debemos dicir, tras ler as súas máis de cen páxinas, que sae moi ben parada do seu atrevemento.
GLORIA. TODO É OBRA DE ARTISTAS, de Pío Barreiro e Lola Garcerá (Demo Editorial)
07/08/2024
Co mes de agosto chega, por fin, una obra agardadísima por moit@s de vós e por nós mesmos, Gloria (Todo é obra de artistas), a primeira novela gráfica de Pío, alma mater desta casa, que ve deste xeito materializado o traballo de varios anos de documentación e coidada elaboración do guión plasmado en viñetas pola ilustradora e historiadora da arte valenciana Lola Garcerá.
Pásate por Komic Librería (ou contacta connosco)
06/08/2024
Podedes facernos chegar as vosas peticións, comentarios ou suxestións a través do email, do formulario de contacto de komic.es ou da nosa páxina en Facebook. Se queredes visitarnos na libraría, a continuación informámosvos dos nosos horarios e datos de localización:
1/150
- Anterior
- Seguinte