NOVIDADES BD GALEGA PRIMEIRO TRIMESTRE 2023

alt

Este 2023 comezou con forza na bd galega e nas últimas semanas foron varios os títulos que saíron do prelo e que hoxe vos presentamos, sete obras de distintos xéneros e estilos entre as que podemos atopar opcións para lectores e lectoras de todas as idades:

altO home que valía por mil, de Antón Mascato e Pepe Carreiro (Galaxia): Unha biografía ilustrada que nos achega un retrato agarimoso e documentado do polifacético intelectual a quen lle se adicará o Día das Letras neste 2023.



alt

Uxío e amigos, de Martín Romero (Astiberri): A primeira entrega das andainas de Uxío foi merecente do Premio Castelao da Deputación da Coruña á mellor bd infantil, e con motivo, polo que recibimos agora encantados as imaxinativas e novas aventuras deste neno, a súa cadela Rosenda e o resto dos seus amigos.

altO reiciño de Galiza, de Inacio e Iván Suárez (Demo): O tándem Iván-Inacio regresa con esta estupenda adaptación da epopea escrita por Víctor Hugo e inspirada na tentativa de usurpación do trono de Nuno, fillo de García II de Galicia.  



altIncoloro, a profecía dos sangues, de José Malvárez Carleos (Xerais): Un agardado debut ambientado nun mundo fantástico onde os seres humanos están divididos segundo a cor do seu sangue, un relato cheo de acción e sorpresas dirixido cara o público xuvenil pero que gustará tamén aos adultos amantes do xénero. 

alt

A batalla de Rande, de David Braña y Pablo Prado (Galaxia): Apoiado no espectacular estilo gráfico de Pablo Prado o prolífico guionista David Braña recrea esta importante batalla naval na ría de Vigo, un episodio histórico que segue a ser relevante máis de trescentos anos despois.


altMiñoca e ourizo, de Ramón D. Veiga e Iván R. (Xerais): A terceira das aventuras dunha miñoca que, tralos seus encontros cun coello e unha pega, coñece neste volumen a un ourizo que quere ser faquir.  Un divertido contiño debuxado cun estilo limpo e agradable que resulta perfecto como primeira lectura.


altLa gran partida, de Felipe Bueno (Chessy): Unha sorprendente ficción histórica que xira arredor do xadrez e, máis polo miúdo, nunha hipotética e mítica partida entre os tres mellores xadrecistas do mundo, convocada por Felipe II no Escorial a finais do século XVI.