RECOMENDACIÓNS PARA O APALPADOR: OS NOSOS CÓMICS GALEGOS PREFERIDOS DO 2022



Achégase o Nadal e, como cada ano, comezamos a recibir en Komic Librería peticións para dar no cravo á hora de agasallar banda deseñada. Compartimos convosco estas recomendacións por ser vos puidesen ser de utilidade e nesta primeira entrega contestamos ao Apalpador, o entrañable xigante carboeiro que nos solicita as novidades máis salientables do cómic editado na nosa lingua.  Estas son as nosas escollas:

alt

O NAVEGANTE
Tristán Ron
Chévere

> Ler máis

A Sala Nasa foi un espazo fundamental na cultura compostelá (e galega) durante vinte anos, ata o seu peche en 2011.  Neste estupendo álbum o debutante (malia que non o pareza) Tristán Ron convídanos ao acompañar pola historia deste emblemático lugar e as lembranzas que del garda. 


alt

O LUME
David Rubín
Demo

Había moitos anos que non tiñamos a oportunidade de ver unha obra de David como autor completo, ao cargo de guión e debuxo, e o certo é que este novo e agardado traballo do autor ourensán non decepciona.  Co seu espectacular e visceral estilo propio constrúe un relato preapocalíptico  que convida á reflexión ao tempo que amosa unha madurez magnífica como artista.


alt

A CONTA ATRÁS
Carlos Portela y Sergi San Julián
ECC

Tras catorce anos de espera podemos finalmente aprezar na súa totalidade esta obra coral que recrea os negros días nos que a costa galega foi invadida polo chapapote do Prestige.  


alt

AINHOA
Fermín Muguruza, Harkaitz Cano, Isa Campo y Susanna Martín
Demo

> Ler máis

A secuela de Black is Beltza vainos levar ata os anos oitenta para acompañar á súa protagonista nunha viaxe iniciática que vai derivar cara un thriller internacional cunha alta carga política e de denuncia.


alt

BICHERO XI
Luís Davila (autoeditado)

> Ler máis

Unha nova escolma das viñetas do popular e xenial humorista gráfico na que volve retratar coa súa divertida retranca a actualidade mesturada coa nosa idiosincrasia.


alt

ARREPÍO
VV.AA.
Demo

Noutra interesante proposta que lle agradecemos á dinámica editora coruñesa este álbum recolle trece relatos curtos da man de distintas autoras e autores da bd galega co fío común do xénero de terror.


alt

THE DROP
Xulia Pisón
(autoeditado)

Unha das nosas autoras preferidas, a coruñesa Xulia Pisón, experimenta e abraia a partes iguais nesta sosprendente viaxe onírica en 3D.



alt

BAIXO O PANTANO
Ángela Curro
Demo

> Ler máis

Viaxes no tempo, segredos e intrigas familiares danse a man nesta obra, a prometedora presentación desta artista arousá.



alt

O BOSQUE DOS RAPOSOS AFORCADOS
Nicolas Dumontheuil
Rinoceronte

Este divertidísimo álbum adapta ao cómic a popular novela do escritor finés Arto Paasilinna, unha delirante comedia de enredo ambientada en Laponia que resultou ser unha das lecturas máis recomendadas este ano na nosa librería. 


alt

O VOO DA CURUXA
Inacio Vilariño y Iván Suárez
Demo

> Ler máis

Este tándem fundamental das viñetas galegas presenta aquí un interesantísimo relato que abala entre o real e o literario a partir das horas que a escritora Emilia Pardo Bazán pasou, no final da súa vida, co cineasta Eduardo Zamacois, no único rexistro cinematográfico que se conserva dela.