Manel Cráneo e Pulpiño Viascón rompen moldes na presentación de Destino Hërgüss

Destino Hërgüss: presentación en Manso Restaurante


Manel Cráneo presentou o pasado 10 de abril o seu esperadísimo cómic Destino Hërgüss en Manso Restaurante (Santiago de Compostela), e o evento converteuse nunha magnífica demostración das sorpresas que nos deparará o descubrimento do fabuloso Planeta Mincha: exposicións, proxeccións, espectáculo e música en directo a cargo do inimitable Pulpiño Viascón, encargado de poñer banda sonora ao evento co seu serrón. Se volo perdestes, neste vídeo poderedes ver algúns momentos da súa actuación.

Komic Librería: Destino HërgüssMáis vídeos na canle YouTube de Komic Librería.