Miguel Fernández presenta «La espada de San Eufrasio #3: un pacto con Satanás» en Komic Librería
29/01/2020
O venres 31 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, o debuxante Miguel Fernández visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do cómic La espada de San Eufrasio #3: un pacto con Satanás (Diábolo Ediciones), terceira entrega da adaptación da novela de Pepe Rey que está a realizar man a man con Manolo López Poy.
Cristian F. Caruncho presenta «Grandarroiba» en Komic Librería
15/01/2020
O venres 17 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, Cristian F. Caruncho visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares de Grandarroiba, o seu primeiro cómic longo, editado por Demo Editorial.
Luís Davila presenta «O Bichero IX» en Komic Librería
12/12/2019
O venres 13 de decembro, a partir das 17:30 horas, Luís Davila visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do volumen IX de O Bichero, unha nova recompilación das súas microhistorias humorísticas dunha soa viñeta.
Mariano Casas presenta «IES WE CAN» en Komic Librería
27/11/2019
O venres 29 de novembro, a partir das 18:00 horas, Mariano Casas visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares de IES WE CAN, o seu último cómic.
David Rubín presenta «O salón de té do oso malaio» en Komic Librería
13/11/2019
O venres 15 de novembro, a partir das 18:00 horas, David Rubín visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares de O salón de té do oso malaio, coeditado por Demo Editorial e Komic Librería, un título fundamental na carreira deste autor e o único dispoñible na nosa lingua a día de hoxe.
2/36