“LA CAJA DE PANDORA” de ÁNGEL DE LA CALLE, VIVIR E MORRER NOS TEMPOS DA TRANSICIÓN.

alt


Cúmprese o 50 aniversario da morte do dictador, polo que a editorial Garbuix ven de elixir o momento idóneo para publicar iste extenso e intenso cómic do autor afincado en Asturias.

Ángel de la Calle (Molinillo de la sierra- Salamanca, 1958) é un nome de sobra coñecido na comunidade comiqueira, nado na provincia de Salamanca, a súa familia mudóuse a Xixón sendo el moi novo. Tal e como veremos na obra que hoxe nos ocupa, leva cinco décadas publicando como autor de bd. Os seus títulos máis coñecidos,  “Modotti” e o moi galardoado “Pinturas de Guerra”, foron publicados e traducidos ata en oito países tanto de Europa como de América latina. Incansable divulgador e teórico, son innumerables os artigos e libros sobre cómic que ten publicado desde a década dos 90.

Como xestor cultural forma parte da organización da Semana Negra de Xixón desde o inicio no 1988 e foi director desta cita anual desde 2012 ata  2023. Actualmente forma parte da organización das Xornadas do cómic de Avilés. 

“La caja de Pandora”, de difícil clasificación xa que contén elementos de distintos xéneros, non é menos ambiciosa que as obras xa citadas.

En 2012 Ángel recibe reiteradas chamadas de alguén anónimo que busca a un autor de cómic chamado Juan Ángel, tamén xixonés e da mesma xeración. Semella que Jesús Cuadrado caera xa nesta confusión no seu “Diccionario del uso de la Historieta española” a finais dos 90. Así comeza unha investigación sobre este autor ao que se lle perdeu a pista, falando coa xente que o coñeceu e rescatando algún dos seus traballos, para de súpeto trasladar a acción a 1975 e introducirnos no panorama dos fancines da época nos que publicaban ambos. Hai polo tanto un carácter autobiográfico que estará presente en toda a obra e irase misturando co ensaio histórico e social. Poderíase considerar tamén á obra como unha historia de persoaxes con involucracións artísticas e políticas.

alt

A narración avanza nos dous tempos. Na década dos setenta veremos tanto o panorama creativo e editorial do mundo dos cómics como os relevantes acontecementos políticos e sociais que vanse a vivir en España. A través das revistas como Bésame Mucho, El Vívora ou sobre todo Star, na que Ángel publica as súas primeiras páxinas como profesional, coñeceremos a evolución do medio, dos estilos, das temáticas e dos gustos dos consumidores da época. Nas portadas dos períodicos, El País, La Vanguardia, ABC, etc, e semanarios como Triunfo ou Diario 16, iremos repasando prácticamente todos os acontecementos importantes da década. Tampouco esquece Ángel a banda sonora do momento na que a súa xeración mudaba en xeral os gustos, e pasaba dos cantautores politizados ao rock foráneo ou aos grupos españois con letras exclusivamente lúdicas dos primeros anos 80.


alt

A fórmula cronolóxica e a complexidade dos temas fai pensar que nos atopamos frente a unha obra un tanto laberíntica ou inacesible. Máis, se a todo o exposto, engadimos un bo número de páxinas da bd que Ángel intenta desenrolar durante algúns anos , unha historia sobre o conflicto da comunidade nipona en Brasil desde o final da II Guerra Mundial ata 1956.

 A pesar de todo, a experiencia do veterano autor fai que o relato se vaia despregando en relación cos seus protagonistas e, desta maneira, vai cosendo os retrincos e as anécdotas persoais cos fios das súas vidas e conformado un valioso tapiz que nos servirá para lembrar, ou descubrir no caso dos máis novos, parte da historia dunha década tan transcendente no devir deste país. 

Cara o final do libro, ao botar a ollada atrás, tanto no referente á arte como ao máis puramente existencial, os pensamentos nas conversas de Ángel van sendo máis reflexivos e o simbólico título desta obra vai collendo cada vez máis sentido. 

Non sabemos se  “La caja de Pandora” será unha obra tan aclamada e galardoada como as anteriores de Ángel, sí estamos seguros de que estos plantexamentos "que cuestionan o que sempre nos contanron sobre a transición" e que as súas motivacións son merecedoras de todo o esforzo empregado na elaboración porque o resultado é dunha solidez incuestionable.  

alt