OS FAVORITOS DO 2025 EN GALEGO OU DE AUTORÍA GALEGA.

08/01/2026

alt


O ano 2025 non estaba a ser tan prolífico na edición de obras en galego como os anteriores mais as editoras tiñan reservadas para os últimos meses algunha que outra boa nova como a fermosa edición do tomo que recopila os catro títulos da colección Castelao dos que a nosa librería  fora impulsora e co-editora xunto con Demo Editorial.

No referente a obras foráneas traducidas cabe destacar as clásicas editadas por Rinoceronte, "Ghost World", "Pílulas Azuis" e a saída do novo título "Hilda e Twig resgárdanse da chuvia".  Xerais publicou "Heartstopper # 4 / 5" e o novo título de "Astérix en Lusitania". A catalana Bang que edita "Super pataca" en galego sacou catro tebeos de grapa deste persoaxe e dous títulos da nova serie "Super ninja Kururo".

De autoría galega publicadas en castelán lembrámosvos "Receta de la magia" e "Meigatas" de Paula Cheshire e por suposto "Anzuelo" co que comezamos o noso listado de adultos. En canto a series de producción propia, polas que Galaxia segue a apostar, apareceron os novos títulos "Sentinelas no Limiar Das Tebras", "Sentinelas da Lúa Carmesí ", "Historias do Páramo" e "Brigada iridiscente". Por parte de Antela publicáronse  "Erea e as agullas máxicas" e "En busca do Muncho" De todas estas obras fomos falando en publicacións anteriores ao longo do ano polo que preferimos incluir outras no seguinte listado.




 

AS NOSAS OBRAS INFANTÍS E XUVENÍS PREFERIDAS DE 2025

29/12/2025

  • LECTURAS

alt


Péchase outro ano  con moitísimos títulos destacables no que continuaron saíndo números das coleccións xa establecidas como favoritas dos lectores máis novos, como por exemplo:  Avni #8, Polican #13, Astro Rato e Lampadiña #7, Barbara #4, Caty cuidadora de gatos #3 ou o clásico Astérix #41 . 

Deixámosvos o listado da nosa selección comezando polos de menor idade:


 

OBRAS DESTACADAS DO 2025

23/12/2025

  • LECTURAS


alt


O ano que remata foi especialmente prolífico no que se refire á edición en España. Atopamos moitos máis títulos coa suficiente calidade para estar nesta lista mais a nosa intención e axudarvos a escoller algunas máis que falar de todas. Mencionaremos aquí neste párrafo algún dos que xa falamos ao longo do ano como "El peso de los héroes de Sala", "Le llamábamos Bebéto", "Anzuelo" de Enma Ríos, que incluiremos na lista dos galegos ou os recén publicados "El conflicto eterno" de J.Sacco ou o magnífico "Meteoros" de J.C.Deveney e T. Redolfi.


 

“A LENDA DE SANTORO” De Mario E.Casas. A Carta de presentación do neno prodixio da bd galega.

07/12/2025

  • EVENTOS

alt


Para os que somos amantes de calquera disciplina artística non resulta difícil detectar o talento. Se esto é así, é porque o verdadeiro talento non surde moi a cotío, máis ben moi de cando en vez.

 

“LA CAJA DE PANDORA” de ÁNGEL DE LA CALLE, VIVIR E MORRER NOS TEMPOS DA TRANSICIÓN.

24/11/2025

alt


Cúmprese o 50 aniversario da morte do dictador, polo que a editorial Garbuix ven de elixir o momento idóneo para publicar iste extenso e intenso cómic do autor afincado en Asturias.

Ángel de la Calle (Molinillo de la sierra- Salamanca, 1958) é un nome de sobra coñecido na comunidade comiqueira, nado na provincia de Salamanca, a súa familia mudóuse a Xixón sendo el moi novo. Tal e como veremos na obra que hoxe nos ocupa, leva cinco décadas publicando como autor de bd. Os seus títulos máis coñecidos,  “Modotti” e o moi galardoado “Pinturas de Guerra”, foron publicados e traducidos ata en oito países tanto de Europa como de América latina. Incansable divulgador e teórico, son innumerables os artigos e libros sobre cómic que ten publicado desde a década dos 90.

Como xestor cultural forma parte da organización da Semana Negra de Xixón desde o inicio no 1988 e foi director desta cita anual desde 2012 ata  2023. Actualmente forma parte da organización das Xornadas do cómic de Avilés. 

 

1/152