OS NOSOS CÓMICS INFANTÍS E XUVENÍS PREFERIDOS DE 2022

28/01/2023

alt


Durante este pasado nadal compartimos convosco os nosos títulos preferidos dentro dos aparecidos en 2022, comezamos pola bd galega para continuar coas obras de procedencia estatal e internacional, pero quedaron pendentes de comentar as dirixidas cara o público infantil e xuvenil.  Con máis tardanza da que pensabamos pero finalmente aquí están.  E debemos recoñecer que non foi tarefa doada, xa que a colleita do pasado ano foi especialmente fructífera nas obras pensadas para a mocidade e para os primeiros lectores.

 

RECOMENDACIÓNS PARA OS REIS MAGOS: OS NOSOS CÓMICS NACIONAIS E INTERNACIONAIS PREFERIDOS DE 2022

28/12/2022

alt


Tras contestar á petición do Apalpador e facer unha listaxe coas nosas obras galegas preferidas entre as editadas este ano achegámonos agora ata os títulos de procedencia nacional e internacional que máis nos gustaron (a nós e á nosa clientela), algo polo que xa nos preguntara Papá Noel pero tamén Melchor, Gaspar e Baltasar.  Como non houbo tempo de contestarlle ao primeiro pero si aos segundos aquí vos deixamos unha ducia de obras seleccionadas entre a excelente colleita deste ano.  Como adoita pasar con estas seleccións non están todas as que son, pero son todas as que están.  Agardamos que aos Reis Magos lles sexa de utilidade… 

 

O LUME, de David Rubín (Demo): a loita contra os nosos demos interiores no medio da apocalipse.

22/12/2022

alt


Poucas ocasións lembramos nas que unha obra fose tan agardada, e con razón, xa que había moito tempo que non tiñamos a oportunidade de gozar co traballo de David como autor total.  No ano 2012 saía do prelo o segundo e definitivo volume de El Héroe, a súa persoal e celebrada visión dos doce traballos de Heracles, unha obra magnífica que supuxo a consolidación dunha carreira emerxente e o salto con éxito cara o esixente mercado estadounidense, mais tamén a última vez que se ocupaba de guión e debuxo nunha obra longa.  Ata que chegou O Lume.

 

RECOMENDACIÓNS PARA O APALPADOR: OS NOSOS CÓMICS GALEGOS PREFERIDOS DO 2022

13/12/2022



Achégase o Nadal e, como cada ano, comezamos a recibir en Komic Librería peticións para dar no cravo á hora de agasallar banda deseñada. Compartimos convosco estas recomendacións por ser vos puidesen ser de utilidade e nesta primeira entrega contestamos ao Apalpador, o entrañable xigante carboeiro que nos solicita as novidades máis salientables do cómic editado na nosa lingua.  Estas son as nosas escollas:

 

O NAVEGANTE: A NASA baixo a ollada do grumete Tristán Ron.

28/11/2022


alt


A historia completa dun espazo tan transcendente para a nosa cidade como foi a Sala Nasa baixo a ollada dun neno que practicamente nace e medra nesta realidade é, a priori, unha materia prima de indudable valor para aventurarse na realización dunha novela gráfica con altas expectativas.

 

6/150