SELECCIÓN DE CÓMICS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 2023

20/04/2023

alt


Achégase unha das datas máis importantes para libreir@s, lectores e lectoras: o Día do Libro, e, como decote, querémosvos convidar a celebralo connosco cunha pequena e variada selección de bandas deseñadas onde poderedes atopar adaptacións de obras literarias, biografías de escritoras e escritores e títulos onde o libro acada un protagonismo ben relevante.

 

NOVIDADES BD GALEGA PRIMEIRO TRIMESTRE 2023

28/03/2023

alt

Este 2023 comezou con forza na bd galega e nas últimas semanas foron varios os títulos que saíron do prelo e que hoxe vos presentamos, sete obras de distintos xéneros e estilos entre as que podemos atopar opcións para lectores e lectoras de todas as idades:

 

PENSS Y LOS PLIEGUES DEL MUNDO, de Jérémie Moreau: a ollada diferente dos que poden mellorar o mundo.

04/03/2023

alt


As aventuras ambientadas na prehistoria teñen o poder de mostrarnos que en termos evolutivos as melloras das especies, e en concreto as da humana, son sempre lentas. Resistímonos aos cambios e isto supón unha barreira para o avance das sociedades contra a que só uns poucos valentes visionarios tiveron e teñen a capacidade de se enfrontar.

 

LA ESPADA DE SAN EUFRASIO #5, DESCANSE EN PAZ, de Manolo L. Poy, Miguel Fernández: o xermolo das Revoltas Irmandiñas en viñetas.

06/02/2023




Hai poucos meses saía do prelo o quinto e derradeiro volume desta interesantísima serie de ficción histórica ambientada en terras luguesas durante os anos previos ás Revoltas Irmandiñas da segunda metade do século XV.  Unha obra que chamou a nosa atención dende 2017, cando apareceu a súa primeira entrega, e que con cada novo álbum facía medrar o noso interese.  Agora, ao ter a posibilidade de ler o relato enteiro de seguido, vemos confirmadas estas sensacións positivas e podemos afirmar que estamos ante unha lectura máis que recomendable para as persoas amantes do xénero ou simplemente interesadas na historia.

 

OS NOSOS CÓMICS INFANTÍS E XUVENÍS PREFERIDOS DE 2022

28/01/2023

alt


Durante este pasado nadal compartimos convosco os nosos títulos preferidos dentro dos aparecidos en 2022, comezamos pola bd galega para continuar coas obras de procedencia estatal e internacional, pero quedaron pendentes de comentar as dirixidas cara o público infantil e xuvenil.  Con máis tardanza da que pensabamos pero finalmente aquí están.  E debemos recoñecer que non foi tarefa doada, xa que a colleita do pasado ano foi especialmente fructífera nas obras pensadas para a mocidade e para os primeiros lectores.

 

5/150