“VOY A PARTIRLE LA CARA A MI JEFE" de Abel Alves e José Ángel Ares (Ed. Grafito). Todas somos Elena.

  • evento


alt


Sempre é moi agradable que autores tan aprezados e cercanos como o ferrolán Abel e o picheleiro de adopción José Ángel presenten unha obra nova na nosa librería pero neste caso ademáis o día 16 de outubro vai a ser algo especial por varios motivos:

Por unha banda vai a ser unha primicia xa que será a primeira presentación da obra coincidindo co día da súa posta á venda. 

Tamén  poderemos ofrecervos a todos os que reservedes, ou  merquedes ese día o libro, o mesmo lote de agasallos que a editorial Grafito ten preparado para esta ocasión, cinco obxetos exclusivos que mostramos máis abaixo.

Por último, temos a intención de organizar unha exposición con orixinais e reproducións da obra do debuxante José Ángel Ares que, por inconvintes alléos a nosa vontade, teremos que retrasar uns días. Darémosvos  cumprida información máis adiante.

alt

Falando xa da obra comezaremos dicindo que é sen dúbida a absoluta confirmación da progresión e do establecemento de ambos autores como nomes fixos da escena comiqueira profesional tanto de Galicia como de España, e no mercado actual, tan saturado e esixente, iso é algo nada doado. Como proba disto basta dicir que a parella creativa está xa traballando nun novo título que probablemente será publicado tamén por Grafito.

alt

Adiantámosvos que a trama parte dunha premisa que poidera semellar rocambolesca ou pouco realista, pero en canto imos avanzando na lectura esta formulación vaise facendo absolutamente crible.

Elena, unha muller que xa supera os 40, moi presionada tanto no contorno laboral como pola relación e a convivencia co seu mozo, está sendo humillada de forma continuada por Víctor, o seu xefe, un home que herdou a compañía na que Elena leva xa 15 anos. Nun destes episodios, e en presenza dos compañeiros de traballo, a nosa protagonista non dá controlado a súa ira e vai empurrar violentamente a Víctor contra unha fiestra da oficina. De contado dáse conta das repercusións deste incidente, como mínimo a perda do seu traballo e unha posible denuncia. Pero a reacción do xefe vai a ser outra moi distinta, coa actitude chulesca e machista que o caracteriza, vaille dar outra saída ao conflicto e vai a retar á muller a unha pelexa que se rexirá baixo a regras das Artes Marciais Mixtas. Elena non o pensa moito e nese mesmo instante firma un contrato confidencial. Terá tres meses para prepararse. O tratamento do ritmo pasa a ser parte importante da narrativa, os autores xogan co efecto “conta atrás” para crear unha tensión que se vai a manter ata a última páxina. Ese tempo de preparación e adestramento metódico pasa tan rápido como na vida mesma, e así, desa maneira avanzamos na lectura das primeiras cen páxinas para chegar ao día da pelexa coa incerteza do resultado pero absolutamente decantados por unha das partes. Xa  desde a primeira páxina e máis neste momento, todas e todos somos e estamos con Elena.

alt

O traballo de Abel é moi destacable, ista é a oitava obra que ten publicada e sempre entrega ao debuxante un guion moi planificado e con moitos detalles, ata o punto de predefinir todas as páxinas viñeta a viñeta. O de José Ángel non desmerece para nada ao do seu guionista, nos últimos meses tivemos ocasión de ver a evolución da obra e do estilo, asistimos á súa particular pelexa por mellorar as súas capacidades, algo do que temos unha mostra nos contidos extra da moi axustada edición da editorial Grafito. Á editorial valenciana debémoslle agradecer a oportunidade de ofrecervos a mesma promoción da campaña de prevenda aberta a través da súa páxina web, os cinco obxetos que vedes na seguinte imaxe. 

Xa para rematar temos que destacar a implicación e honestidade como profesionais de todas as partes involucradas: os autores Abel e José Ángel, e os editores Yolanda e Guillermo, con todas estas persoas temos unha relación de moitos anos. É unha honra para nós consideralos xa amigos e poder compartir con eles  e con vós o resultado do seu impecable traballo.