Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en xuño de 2014

Top 10 de Komic Librería


Aquí vos deixamos o noso tradicional Top 10, unha selección de títulos entre as novidades que recibimos en Komic Librería durante o mes de xuño: atoparedes lecturas moi variadas e distintas entre si, así que agardamos que vos sexa de utilidade.


10

Ladrón de ladrones #3Ladrón de ladrones #3
Kirkman / Spencer / Martinbrough
Planeta DeAgostini Cómics

Terceira entrega desta emocionante serie guionizada polo creador de Los Muertos Vivientes, onde seguimos as aventuras de Conrad Paulson, o mellor ladrón de luva branca do mundo, que terá que realizar un arriscado traballo en Italia para poder salvar a vida do seu fillo. Intriga e acción nunha das coleccións máis recomendables da actualidade.


09

NordésNordés
Kike J. Díaz
Autoeditado

Estrea deste novo autor cun relato ambientado en Ribadeo en dúas épocas distintas: a actualidade e o século XVIII. Cun debuxo actual e dinámico mestura historia e fantasía nunha intrigante trama protagonizada polo Marqués de Sargadelos e un rapaz na procura do seu pasado.


08

El clienteEl cliente
Zidrou / Man
Norma Editorial

Nova obra dun dos guionistas máis interesantes dos últimos tempos, que desta volta nos presenta unha historia que se adentra no sórdido mundo da prostitución, pero dende unha perspectiva chea da humanidade coa que Zidrou sabe impregnar os seus textos e os seus personaxes.


07

La mujer rebeldeLa mujer rebelde
Peter Bagge
Ediciones La Cúpula

O mítico autor underground sorprende con esta documentada, respectuosa e ao mesmo tempo divertida biografía de Margaret Sanger, unha enfermeira e educadora inconformista que foi pioneira no que respecta á planificación familiar.


06

ToreromausToreromaus
Los Bravú
Fulgencio Pimentel

Xa vos falamos hai uns días desta fermosa marabilla onde, nunha preciosa e coidadísima edición, Los Bravú mesturan pintura e arte secuencial nunha noite surrealista chea de imaxinación. Podedes ler máis sobre esta obra aquí.


05

El coleccionistaEl coleccionista
Toppi
Ninth Ediciones

O magnífico autor italiano regresa á nosa librería con esta historia longa onde toca diversos xéneros dende o realismo máxico apoiado no seu espectacular debuxo.



04

Last man #2Last man #2
Bastian Vivés / Sanlaville / Balak
Diábolo Ediciones

Segunda entrega desta espectacular serie de acción e combates, co estilo propio e imaxinativo do prolífico Bastian Vivés. Diversión e espectáculo onde atopamos a resolución do torneo que comezou no primeiro tomo, ao tempo que descubrimos novas incógnitas sobre o pasado do noso protagonista Richard Aldana.


03

Caramelos atómicosCaramelos atómicos
Anthony Pastor
Ediciones La Cúpula

Estupendo relato de xénero negro onde o seu autor recupera os personaxes cos que se dera a coñecer en Castilla Drive. Intrigas familiares e intereses empresariais nesta longa obra protagonizada pola atípica detective Sally Sallinger. Moi recomendable.


02

Cuadernos rusosCuadernos rusos (La guerra olvidada del Caúcaso)
Igort
Salamandra Graphic

Tras o seu excepcional Cuadernos ucranianos o autor italiano volve facer unha demostración de bd comprometida e documental. A situación da liberdade de expresión na Rusia contemporánea, centrada no asasinato da xornalista Anna Politkóvskaya. Unha obra durísima pero moi necesaria.


01

Majareta
Ellen Forney
Ediciones La Cúpula

Majareta

A experiencia da propia autora, unha historietista de personalidade aplastante, que narra a influencia que na súa vida e na súa obra ten o trastorno bipolar que lle diagnosticaron tras pasar da trintena. Falámosvos máis polo miúdo dela na nosa páxina.