Participa ata o 31 de decembro no sorteo dunha caixa chea de cómics

Sorteo PEIC


Atención, comunidade komiqueira: ata o 31 de decembro poderedes participar na estupenda iniciativa da PEIC, o sorteo dunha caixa repleta cunha selección de títulos variados e interesantísimos.

O que? Que é iso da PEIC? Pois nada máis e nada menos que a Plataforma de Editoriales Independientes de Cómic, unha asociación de recente creación que reúne a once pequenas pero salientables editoras que decidiron unir as súas forzas para facerlle fronte ao estraño e difícil momento que estamos a vivir. Con grandes doses de enerxía e optimismo presentan esta proposta, co obxectivo de agradecer a vosa fidelidade nestes tempos complicados.

Sorteo PEIC

O xeito de participar no sorteo é ben sinxelo: cada vez que realicedes en Komic Librería unha compra dalgún título das editoras que forman a PEIC —La Cúpula, Grafito, Harriet, Cascaborra, Trilita, Karras, Harriet, GP, The Rocketman Project, Sallybooks e Nuevo Nueve—, recibiredes unha participación para o sorteo.

Como isto vai durar ata final de ano podedes acadar varias participacións, aumentando así as vosas posibilidades de facervos con este lote variadísimo e moi apetecible que moi xenerosamente envía esta Plataforma á que lle desexamos a mellor das sortes posibles. Xa sabedes, outro motivo máis para mercar os seus títulos e apoiar a estas valentes editoriais.