«Aleida II. Cruzada»: unha nova co-edición de Komic Librería e Demo Editorial

Aleida II. Cruzada


Comprácenos anunciarvos unha nova co-edición de Komic Librería con Demo Editorial: Aleida II. Cruzada, segundo volume da serie de aventuras creada por Víctor Boullón e ambientada na Compostela medieval, que xa se converteu nun clásico da banda deseñada galega para lectores novos.

Revelámosvos aquí a portada do libro e, proximamente, anunciaremos a súa data de saída neste mes de xullo. Permanecede atentos á nosa web e páxina de Facebook!

Aleida II. Cruzada