Novidades en bd galega xa dispoñibles en Komic Librería

Intraterra


Moi boas, benqueridos komiqueiros e komiqueiras! Despois dun agosto máis que proveitoso aquí estamos de volta, cargadiños de enerxía e con moitas ganas de compartir convosco lecturas estupendas. E que mellor xeito de comezar que botar unha ollada ás novidades publicadas na bd galega durante este verán.

Pero antes diso, por suposto, queremos agradecer a confianza e fidelidade de todos aqueles que nos visitastes na nosa tradicional estadía coruñesa, ben na Feira do Libro, ben no Viñetas desde o Atlántico. Coma sempre foi un pracer reatoparnos convosco e compartir as nosas recomendacións. Graciñas mil, de corazón. Xa que logo imos revisar os títulos aparecidos na nosa lingua nestes últimos meses, obras que podedes atopar xa en Komic Librería:


O salón de té do Oso MalaioO salón de té do Oso Malaio
David Rubín
Demo Editorial / Komic Librería

Hai máis dunha década que o noso aprezado David Rubín publicaba en castelán o seu segundo álbum, un título emblemático na carreira do autor ourensán que agora podemos ler tamén en galego, unha obra da que vos falamos hai pouco máis dun mes para anunciar a súa saída..


Tanta paz levesTanta paz leves
Tomás Guerrero
Demo Editorial

Un denso relato sobre vencedores e vencidos ambientado nun circo que xira pola Francia dos anos corenta no cal o autor de A deserción de Stalin amosa unha máis que interesante evolución, tanto na súa parte narrativa como no apartado gráfico.


Micro algas, o mundo ocultoMicro algas, o mundo oculto
Xulia Pisón
Universidade da Coruña

Recibimos con ledicia a edición en galego desta estupenda obra didáctica axeitada para tódalas idades, meses despois da súa publicación en castelán, cando xa vola comentamos neste artigo.


Humanos, a roya é um rioHumanos, a roya é um rio
Baudoin / Troubs
Figurandorecuerdo(s) Ediçons

Un título realizado a catro mans por dous auténticos poetas visuais, Baudoin e Troubs, que mostran unha vez máis o seu compromiso social e político nesta necesaria reflexión sobre fronteiras e humanidade.


O tempo cronolóxicoO tempo cronolóxico
Xulia Vicente
A Mesa pola Normalización Lingüística

Neste libro ilustrado dirixido aos máis cativos a ilustradora de Cariño volve compartir o seu talento para aprenderlle aos pequenos conceptos coma os meses do ano ou os días da semana.


Amair #2Amair #2
Kike Benlloch / Luis Sendón
Altar Mutante Comix

Segunda entrega desta abraiante historia de fantasía realizada por dous dos nomes históricos da bd galega contemporánea.



IntraterraIntraterra
VV. AA.
O Garaxe Hermético / Deputación de Pontevedra

Un novo traballo conxunto do alumnado da escola de ilustración e bd situada en Pontevedra, que desta volta deixan a súa pegada nun relato que mestura o xénero negro coa ficción científica.


Altar Mutante #8Altar Mutante #8
VV. AA.
Altar Mutante Comix

Amais destes sete títulos cómpre falar tamén dun novo número de Altar Mutante, a arrepiante publicación galega de terror e ciencia ficción onde atopamos a algúns artistas máis ilustres da comunidade comiqueira galaica.


Así pois aquí vos deixamos estas suxestións para facerlle fronte a calquera síndrome posvacacional, agardando que sexan do voso interese.