Novas figuras articuladas da saga Star Wars en Komic Librería
Xa se atopa dispoñible en Komic Librería unha nova serie de figuras articuladas de Star Wars, lanzadas por Hasbro dentro da súa liña Titan: Darth Vader, Luke Skywalker, Anakin Skywalker, Obi Wan Kenobi, Clone Trooper e Stormtrooper. Miden 30 cm de alto, contan cun alto nivel de detalle e veñen equipadas con armas e accesorios.