Cómics recomendados para celebrar o Día do Libro 2025

As nosas recomendacións para o día do libro 2025.
Moitas e moi interesantes están a ser a novidades dos primeiros meses deste 2025, poderíamos escoller outras pero sirvan estas cinco como mostra das que queremos recomendarvos para o Día do libro comezando polas destinadas a público adulto.
RECOMENDACIÓNS PARA PÚBLICO ADULTO

EL PESO DE LOS HÉROES
David Sala
Astiberri
O autor francés David Sala vai a contarnos nesta ocasión unha desas historias de familia que comeza cando o seu avó republicano ten que fuxir de España ao comezo da guerra civil e vainos a levar ata que o propio autor se consolida como debuxante de cómics nos anos ´90 nun mercado tan competitivo como o francés. Co estilo pictórico que alterna páxinas impresionistas con outras cargadas de dramático expresionismo, David desenrola un relato máis visual que literario cargado de forza e emotividade que pode gostar a calquera tipo de lector.

EL REY MEDUSA
Brecht Evens
Astiberri
Brecht Evens volve a desconcertarnos desde as primeiras páxinas na súa nova obra, desde o noso punto de vista máis programada e organizada que as anteriores. Un pai e o seu fillo de 10 anos aíslanse na súa casa convertida nunha especie de bunker para prepararse e entrenarse ante o que semella unha inminente batalla contra as forzas do mal. Así comeza este experimento gráfico que é todo un reto para o lector ademáis do caleidoscópico deleite visual co que xa nos agasallara o autor belga tanto en “Pantera” como en “Jolgorio”.

CONTRAPASO. MAYORES, CON REPAROS
Teresa Valero
Norma
Segunda parte deste título ambientado na España Franquista da década dos ´50, no que a autora Teresa Valero utilizando aos protagonistas que xa coñecemos, León , Emilio e Paloma, nos achega outra trama con moito suspense na que, ademáis de diseccionar a distintos estamentos e clases da época, sirve como denuncia social na que unha inmensa maioría subsiste co lastre da pobreza consecuencia da guerra civil e a imposibilidade de mellorar.

DIBUJO DEL NATURAL
Jaime Hernández
La Cúpula
Unha nova entrega do infinito universo de Jaime Hernández protagonizado pola, xa non tan inxénua, Tonta e coa intervención de moitas habituais das Locas. Despóis de case 40 anos acompañándonos sempre na librería, e sendo polo tanto unha obra das nosas vidas, resulta difícil seguir fresco pero o que non cabe dúbida é que tanto Jaime como os seus persoaxes son cada vez máis sabios. Ray impartindo clases de debuxo, algo de maxia, amor, desamor e… dúas vodas !! moito promete este episodio que seguro non vos defraudará.

MAL OLOR
Nadia Hafid
Apa-apa
A xoven autora catalana que ten ilustrado nada máis nen nada menos que para medios como The New Yorker, The New york Times , The Economist ou El País e á que xa coñecíamos por obras como “El buen padre” ou “Chacales” aborda, co seu habitual estilo minimalista, unha realidade do mundo laboral e empresarial alonxada do que a publicidade e o marketing acostuma a mostranos. O que nunha moderna empresa a primeira vista poidera semellar pulcritude e condicións dignas de traballo non pode cadrar con un insufrible fedor nas instalación do que o dono, responsable absoluto, non consegue librarse. Unha metáfora ben doada de entender pero tan difícil de esquecer como o cheiro que despide algo moi podre.
Propoñemos agora outros cinco títulos adicados para idades entre os 5 e os 18 anos para celebrar o Día do Libro.
RECOMENDACIÓNS PARA PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL

LA CIUDAD BAJO LA CIUDAD
+5
Astronave
Un cómic de curiosa factura e de sorprendente resultado do autor estadounidense especializado en literatura infantil Dan Yaccarino. Ideal para familiarizarse co CI-FI xa que propón un mundo distópico no que as persoas están dominadas, teledirixidas e vixiadas por un ollo xigante. Por casualidade Bix, o noso protagonista, atopará unha cidade subterránea na que xunto cunha ratiña vivirá extrañas e emocionantes aventuras e descubrirá algo que descoñecía, unha lectura ideal para o Día do Libro.

AVNI TOMO 8
+6
Komikids
A oitava entrega deste xa moi coñecido e exitoso ser verdadeiramente non identificado promete novas e sorprendentes aventuras xunto cos seus habituais compañeiros de escola e de xogos. Os seus poderes non sirven para todo pero Avni terá que recurrir a algún que outro truco para solucionar os problemas que se lle presentan.

DINOCARRERAS
+8
Astronave
A xovencísima autora galega Lucía Cid presentou hai pouco en KOMIC esta obra editada en castelán polo selo Astronave perteñecente a Norma Editorial e estase a convertir nunha figura consolidada do panorama nacional para o público infantil.
Esta aventura de xénero fantástico ambientada nun colorido mundo onde os humanos conviven cos dinosaurios está protagonizada por unha rapaza que se chama Nellie e traballa de carteira a lombos dun veterano Triceratops, Tylo, ao que non quere deixar de lado nunca. Con este fin vese obrigada a inscribirse nunha carreira de dinosaurios para a que terá que contar con Nycu, un veloz exemplar de Deinonychus, e con un aliado inexperado, Félix, que se converterá no seu entrenador. Ademáis terá que superar algunhas outras dificultades e competir cunha adversaria de forte carácter...

LAS TRES REINAS
+12
Garbux Books
Esta obra que ven de recibir o pretixioso galardón de Mellor obra Xuvenil 2024 no festival de Angulema é unha adaptación reescrita e debuxada pola experimentada autora Magali le Huche. Parte dun plantexamento rocambolesco pero por desgracia demasiado cercano e realista que está tratado con frescura e un agudísimo sentido do humor. O destino de Mirelle, Astrid e Hakima vai quedar unido ao resultar gañadoras do concurso “As tres Butifarras” que o mozo máis popular do seu instituto promove por terceiro ano consecutivo no seu Instagram. As nosas protagonistas van a conseguir dar a volta a ista situación e mesmo van a facerse famosas e recoñecidas en todo o país ao ocurrírselles unha acción reivindicativa que as levará ao Palacio do Elíseo o 14 de Xullo.

LOBA LOCA
+16
Nuevo nueve
Extraordinario spinoff da animación francesa Mutafukaz, dos autores Guillaume Singelin e Rum , ambos ilustradores curtidos tanto na industria do comic como do ánime.
Este tomo recopila seis capítulos que conforman unha aventura ambientada na cidade de Dark Meat City. Guada, a protagonista é unha rapaza criada pola súa nai e acosada no instituto, nun intre non consegue dominar a súa ira e golpea a unha das súas torturadoras, mentres os compañeiros a filman. Así comeza un trepidante e absorvente relato moito máis realista do que poidera semellar, no que se tratan temas tan actuais como a violencia xuvenil o uso das redes sociales para o maltrato psicolóxico ou conflictos interraciais e xeneracionais, cun magnífico debuxo a medio camino entre o french- manga e o underground no que se recrean os ambientes da costa oeste dos EEUU e un ritmo que alterna intres de moita acción e escenas máis relaxadas e reflexivas iremos acompañando a Guada nunha viaxe na búsqueda das súas raíces e a súa propia identidade.

