AINHOA (BELTZA II), de Fermín Muguruza (Demo Editorial): Memoria histórica dos convulsos 80.

alt


En el año 2014 llegaba a nuestras estanterías Black is Beltza, un álbum que llamaba la atención inicialmente por la aparición como guionista de Fermín Muguruza, el polifacético y carismático músico vasco miembro de bandas míticas como Kortatu o Negu Gorriak, que se introducía en el mundo de la historieta como autor de este relato junto a Harkaitz Cano y Jorge Alderete.

Unha historia que nacía dun curioso e significativo feito histórico: o convite, no ano 1965, á comparsa de xigantes de Pamplona para participar nun desfile na neoiorquina Quinta Avenida.  Invitación, porén, que non incluía á totalidade do grupo xa que as autoridades, pola discriminación racial, prohibiron a participación de dous xigantes negros.  A partires deste episodio imos acompañar a Manex Unanue, un dos mozos portadores das figuras vetadas, nunha inqueda andaina que o levará por medio mundo mentras nos mergulla en diversos acontecementos que marcaron a convulsa segunda metade dos anos sesenta e que, pouco despois, puidemos aprezar tamén na súa versión coma longametraxe de animación. 


alt

Ao igual que aconteceu con Black is Beltza a súa secuela, que leva por título Ainhoa, conta con esta dobre realización en cómic e filme animado, coincidindo a estrea deste último coa saída do prelo dunha edición simultánea en catro linguas (eúscaro, galego, catalán e español) na súa versión como novela gráfica.

Desta volta engádese o nome de Isa Campo á parella de guionistas formada por Cano e Muguruza e o apartado gráfico pasa a ser responsabilidade da ilustradora barcelonesa Susanna Martín, que realiza un traballo estupendo cun debuxo un chisco máis minimalista do que acostuma e que emprega o bitono para ir marcando as numerosas localizacións xeográficas da obra.  

E é que se a primeira parte estaba ambientada na segunda metade dos sesenta e o fío condutor eran as experiencias de Manex nesta ocasión os pasos que imos seguir non son outros que os da súa filla Ainhoa  -que -que herda do seu aita o carácter intrépido e unha sorprendente capacidade para verse metida en canto enredo hai alá por onde pasa- a finais dos anos oitenta.
alt

A nosa protagonista, que naceu de xeito milagroso en Bolivia o mesmo día que foi asasinado o Che Guevara, medra en Cuba, terra da súa nai, ata que en 1988 viaxa ata Euskal Herria para coñecer a do seu pai.  Alí comeza un periplo que a levará ata o Líbano, Afganistán, Kurdistán ou Marsella na compaña de Josune, unha comprometida xornalista navarra, nunha intensa viaxe iniciática marcada polas loitas sociais nestes derradeiros anos da Guerra Fría.

Cun certo popurrí de xéneros que vai do relato de aventuras e acción ao caderno de viaxe ou a denuncia social esta segunda parte de Black is Beltza toca moitos temas controvertidos, como a represión de distintos movementos ou colectivos e as distintas opcións de loitar contra estas opresións (moi interesantes as reflexións que sobre isto aparecen arredor do conflito vasco) , a dura pegada da heroína nos anos oitenta e a conseguinte relación entre as redes do narcotráfico e as tramas políticas.

Para transportarnos a esta época os autores utilizan múltiples referencias musicais, culturais e políticas, comezando polo protagonismo inicial da primeira banda de Fermín, Kortatu, tanto na despedida do grupo en directo no ano 1988 como na orixe dunha das súas pezas máis coñecidas, Sarri Sarri , que versa sobre a fuga do escritor e militante de ETA Joseba Sarrionandia.

Así pois aquí vos deixamos esta interesante recomendación, un exercicio de memoria histórica con abondosas pingas de acción e compromiso que de seguro vos atrapará, e aproveitamos tamén para vos anunciar a súa presentación e sesión de sinaturas este vindeiro venres 7 de outubro en Komic, cando contaremos coa presenza do propio Fermín Muguruza, agardámosvos!!!