La espada de San Eufrasio # 3, un pacto con Satanás, de Manolo López Poy, Miguel Fernández e Pepe Rey

Komic Librería: La espada de San Eufrasio #3. Un pacto con Satanás


Celebramos a chegada do terceiro volume de La espada de San Eufrasio, a apaixonante serie de aventuras ambientada nas terras de Lugo poucos anos antes das Revoltas Irmandiñas. Unha entretida ficción histórica que nos chega das mans do noso dúo dinámico preferido: o formado por Manolo López Poy e Miguel Fernández, responsables doutros títulos tan interesantes como O fillo da furia ou Os días do cometa, e que con este novo tomo proseguen con paso firme a elaboración desta mestura de acción, intriga e historia.

Komic Librería: La espada de San Eufrasio #3. Un pacto con Satanás

Todo o positivo e interesante que atopamos nas súas dúas primeiras entregas, La aldea maldita e Tierra de lobos, deixábanos con ganas de seguir a ler este engaiolante relato, e podemos dicir que estas boas sensacións son confirmadas neste álbum subtitulado Un pacto con Satanás. Continuamos a ver de preto as distintas intrigas producidas pola guerra entre os señores feudais polo control da terra e, sobre todo, do Camiño de Santiago, arelando as riquezas que por el transitan.

Komic Librería: La espada de San Eufrasio #3. Un pacto con Satanás

No medio destas loitas polo poder aparece o grupo de bandoleiros aos que se uniu Rosendo e a súa familia —uns labregos obrigados pola tiranía señorial a mergullarse nunha espiral de violencia que os leva á marxe da lei—, e tamén novos e atractivos personaxes: o grupo de mercenarios capitaneado por Don Nuño que chega a Lugo para poñerse ás ordes do bispo e manter a orde na cidade.

Komic Librería: La espada de San Eufrasio #3. Un pacto con Satanás

Como vos diciamos, o interese de La espada de San Eufrasio medra canto máis sabemos sobre a historia, nun loable exercicio por parte de Manolo á hora de dosificar e manter as diversas intrigas. E, pola súa parte, o traballo de Miguel tamén resulta digno de eloxio, pois continúa coa súa evolución en canto ao debuxo e, especialmente, na cor. Iso si, sen perder a súa forza característica.

Komic Librería: La espada de San Eufrasio #3. Un pacto con Satanás

Teredes unha boa oportunidade para comprobar isto último o vindeiro venres 31 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, cando contaremos en Komic Librería coa presenza do propio ilustrador, que presentará e adicará exemplares desta estupenda banda deseñada histórica: agardámosvos!


Komic Librería: La espada de San Eufrasio #3. Un pacto con Satanás

La espada de San Eufrasio # 3: un pacto con Satanás
Manolo López Poy / Miguel Fernández / Pepe Rey

Diábolo
Tomos: 1