El regreso del halcón abejero, de Aimée de Jongh: ás veces, para sobrevivir, hai que comezar de novo

Komic Librería: El regreso del halcón abejero


Con motivo do Día do Libro publicamos aquí un artigo no que faciamos referencia a un bo número de obras que tivesen como eixo central libros ou libreir@s, ou polo menos que xogasen certa importancia na trama. O título que hoxe comentamos como novidade, El regreso del halcón abejero, cumpre con ámbolos dous requisitos e permitiunos descubrir a unha autora noviña, Aimée de Jongh, que ademais de historietista traballa como ilustradora e animadora a tempor completo e publica unha tira diaria no xornal holandés Metro.

Komic Librería: El regreso del halcón abejero

Simon, o protagonista desta simbólica parábola, é un libreiro que, como consecuencia da crise vaise ver obrigado a saldar as súas existencias. Os seus principios non lle permiten aceptar a suculenta oferta dunha gran cadea do sector, xa que herdou a libraría do seu pai e, malia ter a posibilidade de seguir a traballa nela tralo traspaso, ten a sensación de que estaría a traizoar o seu pasado familiar.

Komic Librería: El regreso del halcón abejero

Nun dos continuos traslados de libros dende o seu almacén, unha cabana situada na fraga, Simon presencia un suicidio que provoca nel un trauma e desata un torrente de lembranzas e confusión.

Komic Librería: El regreso del halcón abejero

Komic Librería: El regreso del halcón abejero

Cun estilo gráfico sinxelo, nada pretencioso pero moi expresivo, que nos lembra (unha vez máis) a Frederik Peeters, esta moza neerlandesa acada un resultado moi efectivo e mostra, cunha ollada moi persoal e madura, un mundo e unha sociedade en continuo cambio nos que, máis aló da nosa idade ou condición, estamos abocados a nos reinventar.


Komic Librería: El regreso del halcón abejero

El regreso del halcón abejero
Aimée de Jongh

Ponent Mon
Tomos: 1