David Rubín en Komic Librería: La caída de la casa West, El retablo de las maravillas e La ficción

Komic Librería: La ficción


O prolífico autor ourensán David Rubín volta a Komic Librería para presentar non unha, nin dúas, senón tres novas obras aparecidas durante as últimas semanas. Tres títulos moi distintos entre sí nos que este autor demostra unha versatilidade precisa sen perder o seu persoal estilo, e que vos comentaremos centrándonos especialmente no últimos deles.

Komic Librería: La caída de la casa West

En primeiro lugar, La caída de la casa West, o segundo volume e conclusión da precuela da serie Battling boy, un título froito da imaxinación do norteamericano Paul Pope que é por méritos propios un dos relatos fundamentais do xénero superheroico destes últimos anos. As respostas ás preguntas sobre o pasado de Aurora West, filla do paladín enmascarado Haggard West, quedan resoltas de xeito espectacular nesta segunda entrega na que volvemos gozar co dinamismo gráfico de David.

Komic Librería: Miguel EN Cervantes

Un traballo excelente cunhas características moi distintas das que desenvolve en El retablo de las maravillas, unha das dúas partes da obra Miguel EN Cervantes, un traballo feito a catro mans no que se afonda na figura do mítico escritor coa biografía realizada por Miguelanxo Prado e complementada por unha divertida adaptación a cargo de Rubín dun entremés satírico cervantino que xoga coa dualidade entre realidade e ficción.

Komic Librería: La ficción

Un tema que é, precisamente, o eixo central de La ficción, publicada en catro entregas nos Estados Unidos e que aparece nos nosos andeis nun coidado formato integral cortesía de Astiberri que contén unha portada das que quitan o hipo feita de xeito exclusivo para esta edición, así como un dos capítulos enteiros a lapis para que poidamos aprezar o traballo que isto conleva.

Komic Librería: La ficción

Atopamos aquí as aventuras dun grupo de nenos que exploran os mundos ficticios aos que son transportados a través da lectura duns estraños libros. A desaparición dun dos rapaces semella rematar con estas viaxes ás ficcións literarias, pero, quince anos despois, repítese este máxico e terrible episodio obrigando aos sobreviventes a chegar ata o final deste enigma.

Komic Librería: La ficción

Con guión do canadense Curt Pires este relato retoma o tema da difusa fronteira que, ás veces, separa o real do irreal, o tanxible do imaxinado ou o vivido do soñado, pero mesturado ademais coa aventura xuvenil e o xénero de terror.

Komic Librería: La ficción

En canto á historia é imposible non recoñecer o seu atractivo, pero tamén o feito de que nos deixa con ganas de máis, de coñecer máis polo miúdo o universo creado por Pires e Rubín, e que gardamos a esperanza de poder ler unha segunda parte de La ficción que aclare moitos dos interrogantes que podemos ter tras a súa lectura.

Komic Librería: La ficción

O traballo gráfico do galego é excepcional, amosando unha vez máis a súa capacidade para representar tanto unha escena costumista dentro dun fogar como un espectacular combate nun mundo onírico o que lle acae máis que ben ao texto. Salientamos así mesmo que, por vez primeira, David non é o responsable de colorear os seus debuxos, quedando esta tarefa para un Michael Garland que aproba con nota o desafío.

Komic Librería: La ficción

E, ademais, esta obra ten un valor engadido para nós, xa que é a confirmación da firmeza e seguridade coas que Rubín constrúe a súa carreira, aceptando traballos moi distintos entre sí e que lle resulten interesantes pero nos que poida desenvolver a súa arte con liberdade. Un decidido paso adiante que agradecemos enormemente.

Komic Librería: La ficción

Recordade, o vindeiro mércores 30 de decembro, a partires das 18:00 horas, David Rubín presentará estas obras en Komic Librería: non o perdades porque pagará, e moito, a pena ver a este artista en acción.


La caída de la casa West

La caída de la casa West
Paul Pope / JT Petty / David Rubín

DeBolsillo
Tomos: 1





Miguel EN Cervantes. El retablo de las Maravillas

Miguel EN Cervantes
Miguelanxo Prado / David Rubín

Astiberri
Tomos: 1





Komic Librería: La ficción

La ficción
David Rubín / Curt Pires

Astiberri
Tomos: 1