El macanudazo, de Liniers: viñetas para rir, pensar e soñar

Komic Librería: El macanudazo - Vols. 1 al 10


Estamos encantados coa edición integral dos dez primeiros volumes dunha das series humorísticas preferidas de Komic Librería, a poética e divertida Macanudo. Todo un engaiolante universo habitado por moitos e diversos personaxes que farán rir e namorarán a todo tipo de lectores.

Komic Librería: El macanudazo - Vols. 1 al 10

Ricardo Siri, máis coñecido como Liniers, é un ilustrador bonaerense que leva dende o ano 2002 publicando a súa tira gráfica Macanudo no xornal arxentino La Nación. Nesta serie de historietas mestura o humor intelixente co surrealismo máis onírico, conseguindo facer pensar e reflexionar aos seus lectores ao tempo que os divirte.

Komic Librería: El macanudazo - Vols. 1 al 10

Para nós sempre foi un autor a seguir e a ler, e, dende que hai nove anos Reservoir Books omezou a publicar en España os tomiños que recollen estas tiras de prensa, converteuse nunha das recomendacións máis agradecidas de Komic Librería.

Komic Librería: El macanudazo - Vols. 1 al 10

Un dos grandes valores que atopamos na obra de Liniers é a marabillosa capacidade de crear un universo fermoso e abraiante no difícil mundo da tira cómica diaria, trazando unha complicidade case afectiva, case amigable, coas persoas que se achegan a este microcosmos de papel.

Komic Librería: El macanudazo - Vols. 1 al 10

Liniers bebe directamente dos grandes clásicos do xénero da tira de prensa, comezando por Mafalda, a famosa creación do seu compatriota Quino, e seguindo con outros títulos míticos como Carlitos e Snoopy ou Calvin e Hobbes, pero aportando sempre o seu característico toque cheo de inocencia e imaxinación.

Komic Librería: El macanudazo - Vols. 1 al 10

Outra característica que aprezamos moito no artista arxentino é a súa liberdade creativa e o aquel lúdico que imprime as súas pequenas grandes historias, nas que xoga cun extravagante elenco de personaxes recorrentes e fascinantes ante o cal é imposible non caer rendido. Adoramos as reflexións que sobre a nenez e a vida fai a espabilada Enriqueta, acompañada do seu gato Fellini e de Madariaga, o seu oso de peluche. Divertímonos moitísimo coas ocorrencias dos pingüíns, das olivas e tamén coas que teñen os duendes máxicos. Conmóvenos a relación de Martincito con Olga, o seu amigo imaxinario, entenrécenos a sensibilidade de Z-25, o robot sensible, e intríganos sobremaneira o Misterioso Home de Negro...

Komic Librería: El macanudazo - Vols. 1 al 10

Ademais das súas xeniais reflexións cheas de retranca e da súa enorme creatividade debemos recoñecer que tamén nos gusta moito o seu debuxo e as súas cores, polo que coidamos que El Macanudazo vai ser un dos agasallos estrela (e máis agradecidos) do nadal que se achega silandeiro. Porque este libro é, como ben di o seu título, macanudo.


Komic Librería: El macanudazo - Vols. 1 al 10

El Macanudazo - Vols. 1 al 10
Liniers

Reservoir Books
Tomos: 1