Tóxico, La colmena e Cráneo de azúcar, de Charles Burns: un quebracabezas en forma de triloxía

Komic Librería: Cráneo de azúcar


Coa publicación, hai unhas semanas, de Cráneo de Azúcar, o ilustrador, deseñador gráfico e historietista estadounidense Charles Burns completa a triloxía que comezou en 2011 con Tóxico e proseguiu en 2013 con La colmena. Os tres volumes conforman un maxistral quebracabezas que engaiola e fascina a partes iguais, confirmando a mestría de Burns para construír historias nas que mestura o realismo máis descarnado e cru con desacougantes situacións oníricas ou surrealistas.

Komic Librería: Cráneo de azúcar

Charles Burns, a piques de chegar aos sesenta anos, recupera as primeiras lecturas que o fascinaron de cativo, os álbumes de Tintín, como inspiración á hora de crear un absorbente e inquedante universo que podemos calificar, con matices, de intelixente secuela á súa aclamada obra mestra Agujero Negro.

Na complexa estrutura do relato, no que se entrelazan o aparente mundo real e un alternativo pesadelo kafkiano, aparecen múltiples cuestións que sen dúbida tocarán fondamente aos seus lectores e lectoras a medida que vaian penetrando e comprendendo no que este artista de culto quere transmitir.

Komic Librería: Tóxico

O seu argumento xira arredor de Doug, un mozo que de cando en vez realiza estrañas performances poéticas baixo os seudónimos de Nitnit (o nome ao revés do reporteiro belga) ou Johnny 23. Atopámolo convalecente, desmemoriado e fráxil, e ao mesmo tempo vemos como o seu alter ego aparece perdido nun lugar que leva ao desasosego (como unha vila de Oriente próximo poboada por seres estraños de costumes aínda maís raros). Este mundo alternativo e onírico vai funcionar como un espello da súa realidade. Isto podémolo aprezar nas portadas dos tres álbumes, nos que, imitando as capas típicas das aventuras de Tintín, aparece sempre Doug pero nos escenarios irreais polos que transita o seu trasunto subconsciente.

Komic Librería: Tóxico

Aos poucos, a medida que avanzamos polas súas páxinas, iremos descubrindo os motivos que levaron a Doug a esa situación, a relación co seu pai, as súas historias de parella, a súa incapacidade para atopar a felicidade e, sobre todo, o sentimento de culpa por algo que non entendemos ata as derradeiras viñetas desta triloxía. Estos temas vitais e existencialistas aparecen tratados co nihilismo habitual deste autor.

Komic Librería: La colmena

Estamos, pois, perante unha obra magnética e fascinante no que ademais o atractivo e abraiante debuxo en branco e negro de Charles Burns vaise ver aquí complementado por unhas poderosas e rechamantes cores planas.


Komic Librería: Tóxico

Tóxico
Charles Burns

Reservoir Books
Tomos: 1





Komic Librería: La colmena

La colmena
Charles Burns

Reservoir Books
Tomos: 1





Komic Librería: Cráneo de azúcar

Cráneo de azúcar
Charles Burns

Reservoir Books
Tomos: 1