El botones de verde caqui, de Olivier Schwartz e Yann: desexando non volver a vestir de verde

El botones de verde caqui


Cunha aventura bélica chea de acción, un ritmo trepidante apoiado nun dinámico debuxo de espectacular liña clara e unha ambientación realista na Segunda Guerra Mundial retorna un dos personaxes máis carismáticos da bd franco-belga, Spirou, no primeiro volume que edita Dibbuks sobre esta icona que, malia ter case oitenta anos, conserva o mesmo espírito mozo, aventureiro e divertido ca sempre.

A editorial Dibbuks fíxose cos dereitos de publicación das aventuras de Spirou en castelán. É unha moi boa nova que contribuirá a aumentar a popularidade deste clásico europeo entre as xeracións de lectores novos e que nos permitirá a todos ler as máis recetnes aventuras deste intrépido botóns aínda inéditas en España.

El botones de verde caqui

O título elixido pola editorial madrileña para comezar esta nova etapa é un álbum independente que pertence á colección «Unha aventura de Spirou por...», na que distintos autores realizan historias autoconclusivas sobre o personaxe. Esta aventura independente, creada polo debuxante Olivier Schwartz e o guionista Yann, está ambientada na Bruxelas ocupada (1942) e titúlase El botones de verde caqui.

El botones de verde caqui

O Hotel Moustic, lugar de traballo e residencia de Spirou, foi requisada pola Gestapo e convertido no cuartel xeral nazi. Obrigado a traballar para os invasores alemáns, o noso protagonista saberá sacar proveito desta proximidade imposta e exercerá de excepcional informador para a Resistencia.

El botones de verde caqui

Resulta inevitable lembrar a obra mestra que Émile Bravo realizou sobre este personaxe, Diario de un ingenuo, tanto polo estilo gráfico e a ambientación como polas múltiples referencias a outro personaxes e autores universais. A delicada exposición destes elementos na obra de Bravo funciona dentro do contexto narrativo como un divertido xogo subliminal. En El botones de verde caqui son tan numerosas e explícitas que pasan a entenderse máis como curiosidades humorísticas. Non é este o lugar para nos referir a elas, pero como consideramos que merecen unha mención aparte publicaremos nos vindeiros días unha detallada guía de lectura para consultar unha vez lida a obra coa intención de non deixarnos ningunha no tinteiro.

El botones de verde caqui

Xa que logo estamos ante unha obra que vos recomendamos coa seguridade de que ides gustar dela, tanto se xa coñecedes a Spirou como se é a vosa primeira visita ás súas aventuras.


El botones de verde caquiEl botones de verde caqui
Olivier Schwartz / Yann

Dibbuks
Tomos: 1