La marcha del cangrejo, de Arthur de Pins: metáforas traxicómicas dende a beira do mar

Komic Librería: La marcha del cangrejo


Había tempo que agardabamos polo terceiro e derradeiro tomo d La marcha del cangrejo, a orixinal e divertida saga crustácea que chamou a nosa atención dende que hai dous anos Dibbuks publicara en castelán El estado de los cangrejos, primeira entrega da serie que continuaría con El imperio de los cangrejos e que agora finaliza en La revolución de los cangrejos.

Komic Librería: La marcha del cangrejo

O seu autor, o hiperactivo bretón Arthur de Pins, é un dos deseñadores gráficos europeos máis interesantes, recoñecidos e recoñecibles dos nosos días, e o seu traballo abrangue dende a ilustración e a publicidade ata a animación e a banda deseñada. Chama a atención o seu xeito de debuxar, xa que non emprega lapis, tinta ou papel: Arthur de Pins é un mestre do debuxo vectorial (feito integramente co ordenador), capaz de outorgarlle unha gran personalidade e dinamismo as súas ilustracións sen que o resultado final sexa frío.

Komic Librería: La marcha del cangrejo

E ademais é un marabilloso narrador, como demostra con esta triloxía na que adapta á bd unha premiada curtametraxe de animación realizada por el mesmo en 2004 e reconvertida recentemente en longametraxe, e que podedes ver aquí.

Komic Librería: La marcha del cangrejo

A historia está ambientada nos anos setenta en Royan, unha vila costeira francesa que está no extremo norte do esteiro da Xironda, o máis extenso de Europa, e protagonizada polos membros dunha especie de cangrexo, Cancer Simplicimus Vulgaris, con dúas características particulares: a forma cadrada do seu cacho e o feito de que só se poden desprazar en liña recta, o que limita moitísimo a súa rutina diaria e sobre todo as súas posibilidades de reproducción.

Komic Librería: La marcha del cangrejo

Fartos da invariabilidade do seu camiño, tres destos queimacasas, Sol, Guitarra e Barco, deciden axudarse para mudar as súas traxectorias e por casualidade descubren que poden xirar. Esta revelación causará unha ruptura na sociedade dos cangrexos, dividida entre os partidarios de seguir coa súa tradicional rectitude e os rupturistas que deciden evolucionar coas novas posibilidades que o xiro lles ofrece, e mudará substancialmente o seu ecosistema.

Komic Librería: La marcha del cangrejo

Esta historia, que a primeira vista pode semellar irrelevante ou inocente, agocha, ao xeito da orwelliana A revolta dos animais, unha interesante reflexión sobre as nosas grandes virtudes e defectos como sociedades. Cunha gran soltura narrativa e moito humor acada que @s lectores e lectoras nos divirtamos co seu relato ao tempo que nos convida á reflexión con estes tres tomos que, agardamos, vos gusten tanto coma a nós.


La marcha del cangrejo, primer volumen: El estado de los cangrejosLa marcha del cangrejo,
primer volumen:
El estado de los cangrejos

Arthur de Pins

Dibbuks
Tomos: 1




La marcha del cangrejo, segundo volumen: El imperio de los cangrejosLa marcha del cangrejo,
segundo volumen:
El imperio de los cangrejos

Arthur de Pins

Dibbuks
Tomos: 1




La marcha del cangrejo, tercer volumen: La revolución de los cangrejosLa marcha del cangrejo,
tercer volumen:
La revolución de los cangrejos

Arthur de Pins

Dibbuks
Tomos: 1