17 de maio, Día das Letras: Komic Librería na Romaría dos Libros

Komic Librería: Día das Letras, Romaría dos Libros


O vindeiro venres, 17 de Maio, celebraremos o Día das Letras Galegas nunha nova Romaría dos Libros de Primavera convocada e organizada por Compostela Literaria. Estaremos, como vén sendo habitual, na Praza de Mazarelos desde ás 11:00 ata ás 21:00 horas e, a partires das 18:00 horas, teremos no posto de Komic Librería a dous autores asinando exemplares das súa obras: Jorge Campos e Víctor Boullón.

Jorge Campos, que no seu día achegárase a Komic Librería para darnos a coñecer o magnífico libro Alter-Nativo, volve agora para presentarnos Unha mestra en apuros, sálvese quen poida, obra recentemente editada pola editorial coruñesa Bululú, e da que podedes ler unha pequena recensión aquí.

Unha mestra en apuros, sálvese quen poida

Por outra banda, Víctor Boullón estará firmando exemplares da súa obra Aleida, cidade sen alma, xa que nesta semana ponse á venda a segunda edición das aventuras da intrépida picheleira, e nos dará pé a falar un pouco da inminente aparición do segundo tomo.

Aleida, cidade sen alma

Ao final da xornada realizaremos dous sorteos de senllas láminas orixinais enmarcadas de Jorge Campos e Víctor Boullón. No sorteo de cada lámina participarán tod@s os que merquen un cómic do seu autor ao longo do día.

Komic Librería - Día das Letras - Romaría dos Libros

Os sorteos terán lugar sobre as 20:00 horas na propia praza, e non será precisa a presenza d@s interesad@s, xa que faremos público o nome d@s afortunad@s canto antes.

Komic Librería - Día das Letras - Romaría dos Libros