Abel Alves presenta «Segunda venida» en Komic Librería

Komic Librería: Segunda venida


O venres 22 de xuño, a partir das 18:00 horas, Abel Alves visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu último cómic, Segunda venida, debuxado polo arxentino Juan Caminador. A obra narra a historia de Evangelina, unha moza de dezaoito anos á que lle cambiará a vida por completo de maneira inesperada nunha aventura de proporcións bíblicas .

Komic Librería: Segunda venida

Tedes máis información sobre o cómic neste enlace: esperámosvos!