Jacobo Fernández Serrano presentará o segundo tomo de Marcopola en Komic Librería

Komic Librería: Marcopola 2, Os piratas da lúa


Como os anunciamos hai uns días, con gran ledicia confirmamos a próxima visita de Jacobo Fernández Serrano a Komic Librería. A semana que vén, o xoves 27 de xuño, ás 18:00 horas, teremos a sorte de contar entre nós con este artista vigués, que nos achegará o segundo tomo das aventuras de Marcopola, a illa remeira, titulado Os piratas da lúa e recén editado por Xerais.

Jacobo Fernández, debuxante, escritor e pintor, é unha das voces máis inquedas e persoais da banda deseñada galega contemporánea, creando un universo propio e abraiante que fascina ao público adulto mais tamén ao infantil.

Komic Librería: Marcopola 2, Os piratas da lúa

E precisamente @s máis cativ@s son @s principais destinatari@s da súa última obra, onde gozarán coas novas historias de Marcopola, a pequena illa que ficaba soíña e aburrida no medio do océano ata que un bo día a marea achegou un remo á súa costa, e ela comezou a remar e a viaxar polo mar adiante e vivir fabulosas aventuras xunto ao seu amigo Libro.

Komic Librería: Marcopola 2, Os piratas da lúa

De seguido podedes ler o comentario que deste novo tomo fai o noso especialista na bd infantil, Pedro Barreiro, de oito anos:
 
"Por fin saíu o segundo tomo de Marcopola. Este vai de piratas. Unha noite alguén enterra na illa Marcopola un cofre. Atópao o seu amigo Libro e veñen todos os piratas dos arredores para facer unha festa e unha batalla e alí se xuntan, chegan o odioso Cobreguiña e os seus secuaces Cachiporro, Verducho e Petronio. Hai unha gran batalla na que gañarán... saberédelo despois de ler esta incrible historia!!! Ah, e proximamente teremos o terceiro tomo, Dragoneta."

Komic Librería: Presentación de Marcopola 2 - Os piratas da lúa

Pois xa sabedes: tedes unha cita con Marcopola e con Jacobo Fernández o vindeiro xoves 27, ás 18:00 horas. Agardámosvos!


Máis información:

Jacobo Fernández en Facebook

Xerais


Komic Librería: Marcopola 2, Os Piratas da LúaMarcopola, a illa remeira:
Os piratas da lúa

Jacobo Fernández

Xerais
Tomos: 1