Tomás Guerrero presenta «Tanta paz leves» en Komic Librería
09/10/2019
O venres 11 de outubro, a partir das 18:00 horas, Tomás Guerrero visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu cómic Tanta paz leves. Tamén contaremos coa presenza do editor Manel Cráneo, de Demo Editorial.
Emma Ríos presenta «Mirror» en Komic Librería
02/10/2019
O venres 4 de outubro, a partir das 18:00 horas, Emma Ríos visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares de Mirror, a fábula realizada a catro mans coa ilustradora Hwei Lim e editada por Astiberri.
Komic Librería, na Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico 2019
29/07/2019
O vindeiro xoves 1 de agosto, como cada ano, Komic Librería pechará as súas portas para desprazarse durante uns días á Coruña, onde estará presente en dúas citas estivais komiqueras de referencia: a Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico.
17 de maio, Día das Letras: Komic Librería na Romaría dos Libros
16/05/2019
O vindeiro venres, 17 de Maio, celebraremos o Día das Letras Galegas nunha nova Romaría dos Libros de Primavera convocada e organizada por Compostela Literaria. Estaremos, como vén sendo habitual, na Praza de Mazarelos desde ás 11:00 ata ás 21:00 horas e, a partires das 18:00 horas, teremos no posto de Komic Librería a dous autores asinando exemplares das súa obras: Jorge Campos e Víctor Boullón.
David Braña e Mariano Casas presentan «Historias casi negras» en Komic Librería
09/05/2019
O venres 10 de maio, a partir das 19:00 horas, David Braña e Mariano Casas visitarán Komic Librería para presentar e asinar exemplares do cómic Historias casi negras, unha recompilación de dez relatos situados nos límites do xénero negro, creados por catorce autores e autoras e editados por Cuocio Editorial.
3/36