“A LENDA DE SANTORO” De Mario E.Casas. A Carta de presentación do neno prodixio da bd galega.
- EVENTOS

Para os que somos amantes de calquera disciplina artística non resulta difícil detectar o talento. Se esto é así, é porque o verdadeiro talento non surde moi a cotío, máis ben moi de cando en vez.
A obra que hoxe nos ocupa foi escrita e debuxada por un mozo de só 14 anos e o que se percibe a primeira vista é unha vocación narrativa, que, no caso da novena arte, ten moita máis importancia que outras virtudes.

A idea de esta historia foi collendo forma hai dous anos, cando Mario comezou a debuxar minotauros, inspirado por un videoxogo. Como calquera neno da súa idade pasóuselle pola cabeza facer un cómic e, naturalmente, o protagonista tiña que ser outro neno. Seguindo a lóxica propia da súa idade non é raro que o co-protagonista sexa un referente para el, neste caso o seu avó. Para o resto dos elementos como a ambientación ou os secundarios Mario pensou como calquera outro autor adulto. Para o proceso gráfico utilizou unha mesa de luz que é ideal para entintar con rotulador negro a partir do debuxo a lapis. Finalmente, un ano máis tarde, coloreouno dixitalmente con Photoshop.
A trama, construída de forma intelixente e sinxela, suxire cómo un acontecemento increible pode chegar a convertirse en lenda cando se repite cíclicamente. A estructura está ben desenrolada e finalizada. Non hai moitos detalles no debuxo pero, as proporcións da media ducia de especies animáis que teñen o seu papel no argumento, e as persoas están moi axustadas. Os movementos son naturais e apreciamos as idades dos perxoases humanos sen esforzo, porque están perfectamente caracterizados. Pero o máis sorprendente é a abraiante capacidade para contar que ten este autor novel. Ben, mirando as viñetas unha por unha, ben, as páxinas enteiras, ou as accións que conforman unha escena, non atopamos nada superfluo nin casual. Todo o que debuxa Mario conta algo, ata nas olladas e na expresividade das facianas, mesmo as dos animais, o autor segue aportando información sobre o que está a pasar.

Non perdades a oportunidade de coñecer persoalmente, apoiar a este xoven autor e facervos con esta obra que pode marcar un fito na historia da BD galega. A cita será o vindeiro xoves 11 ás 18.00 h. en Komic Librería.


