Os deseños para Komic Librería de Fran Bueno, flamante gañador do Premio Castelao
O cómic Catálogo oneroso de beleza gratuíta, do autor compostelán Fran Bueno, resultou merecedor do último Premio Castelao de Banda Deseñada, convocado pola Deputación de A Coruña.
Fran Bueno refírese a Catálogo oneroso de beleza gratuíta como "unha lista de cousas que me gustan na vida, ten forma de catálogo. Falo de cousas como o sol, a lúa e as estrelas, elementos polos que non hai que pagar e que, moitas veces, paga a pena deterse a admirar".
Segundo o xurado, esta obra destaca pola "perfección técnica e o desenvolvemento das posibilidades expresivas da historieta, tanto temática coma formalmente, e o acertado do uso da cor e a habilidade para tecer fíos de humor ao longo do libro", así como por "unha capacidade estilística impecable e a variedade de recursos gráficos".
En Komic Librería recibimos con especial alegría este recoñecemento a Fran Bueno, un vello amigo que, dende que abrimos as portas da tenda, veu realizado varios deseños para ela, entre os que destacan os logotipos e aplicacións conmemorativas dos seus 15, 20 e 25 aniversarios. A continuación invitámosvos a coñecer (ou lembrar) algúns destes traballos: