Komic Librería, unha tenda con historia para Hobby Consolas

Komic Librería, unha tenda con historia para Hobby Consolas


Jesús Delgado, colaborador de Hobby Consolas, dedicounos unha entrada moi especial e persoal na súa sección de tendas de cómics con historia, na que nos define como "a máis anella e famosa tenda de cómics de Santiago de Compostela, un negocio con case tres décadas de historia e pouco, senón nada, que envexarlle aos seus semellantes de Madrid e Barcelona".

Tras repasar algúns detalles da historia e filosofía de Komic Librería, Jesús Delgado pecha a reportaxe, que podedes ler completa aquí, cunhas palabras que resultaron moi especiais para nós: "Mentres baixamos de camiño á estación e paramos para xantar nun restaurante mexicano próximo, abrimos a primeira páxina do cómic que Pío nos recomendou e, tras un uns minutos de lectura, non podemos senón agradecerlle que nos aconsellase tan ben e con tan bo tino".

Komic Librería, unha tenda con historia para Hobby Consolas

Unha vez alcanzado o punto final, viñéronnos á cabeza os moitos afeccionados ao cómic que nos visitades e seguides habitualmente porque, se non fose por vós, Komic Librería xamais aparecería en artigos coma este. Moitas grazas a todos pola vosa confianza!