PENSS Y LOS PLIEGUES DEL MUNDO, de Jérémie Moreau: a ollada diferente dos que poden mellorar o mundo.
04/03/2023
As aventuras ambientadas na
prehistoria teñen o poder de mostrarnos que en termos evolutivos as melloras
das especies, e en concreto as da humana, son sempre lentas. Resistímonos aos
cambios e isto supón unha barreira para o avance das sociedades contra a que só
uns poucos valentes visionarios tiveron e teñen a capacidade de se enfrontar.
OS NOSOS CÓMICS INFANTÍS E XUVENÍS PREFERIDOS DE 2022
28/01/2023
- NOTICIAS
Durante este pasado nadal compartimos convosco os nosos títulos preferidos dentro dos aparecidos en 2022, comezamos pola bd galega para continuar coas obras de procedencia estatal e internacional, pero quedaron pendentes de comentar as dirixidas cara o público infantil e xuvenil. Con máis tardanza da que pensabamos pero finalmente aquí están. E debemos recoñecer que non foi tarefa doada, xa que a colleita do pasado ano foi especialmente fructífera nas obras pensadas para a mocidade e para os primeiros lectores.
ROXÍN ROXAL. A DAGA DO CONDE, de Brais Fierro e Manel Cráneo (Demo): O nacemento dun heroe de lenda.
17/10/2022
A Ponte do Porco, que atravesa o
río Lambre e conecta os concellos de Miño e Paderne, debe o seu nome á historia
de Roxín Roxal, unha lenda medieval galega ben coñecida no norte da Coruña,
especialmente na comarca do Eume, que narra un tráxico episodio protagonizado
por un doncel ao servizo da casa dos Andrade, señores de Pontedeume. Este
relato, transmitido oralmente de xeración en xeración, foi recollido e
reformulado por literatos como Benito Vicetto, Uxío Novoneyra ou Leandro Carré
Alvarellos. Precisamente a través da
obra deste último chegou ata un noviño Manel Cráneo que ficou enfeitizado coas
andainas do intrépido escudeiro e que agora, anos despois, une forzas coas do
debutante Brais Fierro para tentar levalas á banda deseñada.
Pásate por Komic Librería (ou contacta connosco)
01/09/2022
Podedes facernos chegar as vosas peticións, comentarios ou suxestións a través do email, do formulario de contacto de komic.es ou da nosa páxina en Facebook. Se queredes visitarnos na libraría, a continuación informámosvos dos nosos horarios e datos de localización:
Arrancamos o 30 ANIVERSARIO de Komic Librería con agradecemento e compromiso
11/01/2017
En Komic Librería queremos comezar este ano tan sinalado no que celebramos o noso 30º ANIVERSARIO mostrando o máximo agradecemento a todos os clientes e amigos que, coas súas visitas á librería, fixeron que a campaña de Nadal fora excelente para nós, algo moi importante e necesario, sobre todo nos últimos tempos.
1/4
- Anterior
- Seguinte